Xurxo Lobato: "A cultura do noso país, Galicia, da nosa nación, hai que exportala" | Historia de Galicia
LIBRO GALICIA E UNHA FESTA DE XURXO LOBATO

Xurxo Lobato: “A cultura do noso país, Galicia, da nosa nación, hai que exportala”

Tempo de lectura: 7 min.

1.Na presentación do teu libro Galicia é unha festa, en Portas Ártabras este pasado Xullo, mostraches i explicaches a esencia do libro. Cómo se che ocurríu o proxecto?

Eu levo moitos anos -mais de 40 anos traballando- fotografando o país, Galicia, de tódalas maneiras posibles, de tódolos ángulos posibles. Fixen libros sobre o Ribeiro, sobre as Rías Baixas, sobre a misión de Galicia, o Camiño de Santiago dende o aire. Para que te fagas unha idea levo mais de 60 libros no cal participo individualmente. Logo colectivos xa son mais. O das festas era un proxecto que estaba ahí. Pensei que habían moitos libros sobre as festas de Galicia, -é mentira: practicamente non hai ningún. Hai estudios sesudos, documentais, algo traballado nas teses doutorais, ahí está Felipe-Senén, está Clodio González, toda esta xente- . Pero libros fotográficos, dende unha visión fotográfica (hai libros de festas en particular, do Golpiño, da Rapa das Bestas)…Un libro global practicamente non hai.

Foi un reto que me puxen. En parte tamén por unha conversa con Nava Castro, hai que recoñecelo, que tamén ela me tentou a facer este proxecto, e me lancei a piscina: como autor e como editor. Eu ultimamente os libros que fago tamén son editor, porque para os fotógrafos tamén é moi complicado atopar alguén que edite os libros con calidade. E non so que editen os libros senón que lles paguen, así que xa postos prefiro editalo eu, arriscarme eu e intentarei cobrar eu as ventas como pasa coas editoriais. Pero ese tema non vamos a tocalo, que non procede.

Este libro hai que contextualizalo nun gran proxecto, nun macro proxecto que teño eu dende que empecei a fotografar, que é fotografar Galicia. Entón este libro sería como un capítulo dese magno proxecto: está Os rostros do País, Os rostros da memoria, Os galegos na escaleira

Páxinas interiores do libro “Galicia e unha festa” de Xurxo Lobato.

2. Lembro que unha das fotografías mostraba a imaxe dunhas mulleres vestidas co vestido e pano tradicional. Semellaban obras de Asorey.

Nesa dobre páxina aparece o Domingo das Mozas do San Froilán, que é unha das miñas xornadas festeiras favoritas porque xa pasou o verán, xa pasaron a metade das festas, estamos no outono e non hai moitas festas. Entón o San Froilán, para o comezo do Outono, non está nada mal. En concreto esta dobre páxina, no fondo, o que hai é un homenaxe aos clásicos da pintura: ahí está a Maside -as mulleres co pano na cabeza-, a Sotomayor, a pintura rexionalista, Asorey -a Naiciña-. Hai unha chiscadela, hai un guiño. A fotografía é unha expresión artística, pero está ligada a outras artes. E eu gosto das outras artes e tanto Sotomayor, como Maside, son artistas que gosto moito delas e parécenme interesantes.

O libro é un libro de festas pero por outra parte non quere ser unha guía (nin quere nin debe ser unha guía turística). Tampouco un estudo a fondo sobre as festas, aínda que temos un bo texto escrito por Felipe-Senén, magnífico texto, e está a medio camiño entre un libro de difusión, de divulgación, e un libro de autor. Xoga un pouco con ese dobre espazo. Porqué? Porque eu cando fago algún proxecto fotográfico, creativo, non o fago soamente para min -o fago para min porque me satisface e porque tamén é un medio de vida-. Eu tamén o que quero é chegar a xente. Outra cousa é que a xente non chegue a min. Bueno…iso é un defecto meu. Pero eu non teño vocación de artista minoritario nin de creador minoritario. Non me regodeo en “ay que bien que solo me leen cuatro”. (Risas). Non. Sinceramente non. Eu quero que canta mais difusión, mellor.

Agora, por exemplo, está esto de moda dos foto-libros. Bueno: en gran parte son feitos por fotógrafos para fotógrafos. Eu os meus proxectos non son para fotógrafos soamente. Son para a xente, para a cidadanía, para o pobo. Eso me parece fundamental. E logo os edito sempre en tres idiomas: en galego, castelán e inglés, porque algo para min moi importante é que a cultura do noso país, Galicia, da nosa nación, hai que exportala. A temos que coñecer nós, para ter mais orgullo do noso, e para defender o noso, pero temos que dalo a coñecer fora. Entón español e inglés é fundamental. Iso é moi importante: exportar. Temos que facer o que fai Zara, o que fai Citroën, o que fai Coren cos ovos. Pois nós a cultura hai que exportala tamén, difundila. Esa é outra das liñas editoriais, porque a estas alturas xa levo uns cantos libros e vou ter que poñerlle un nome a editorial, porque sempre pon auto-edición pero queda ben.

“Vento nas velas” de Xurxo Lobato.

3.A vida imita a Arte ou a Arte a vida?

Bueno. Eu non imito a nadie. (Risas). O que hai é referencias. En todo hai referencias. Neste libro, ou noutros libros. Por exemplo no libro de Rosalía hai unha homenaxe a Ksado, con estas fotos de Santiago nocturnas que facía el co chan mollado. Pois por poñer un exemplo: en este hai tamén un guiño, como non, a Cristina García Rodero. Salvando distancias, que Cristina García Rodero é un auténtico monstro fotográfico. Pero eu gosto moito da historia da Fotografía, teño unha boa colección de libros de fotógrafos de todo o mundo. Obviamente me inflúen. Teño influencia de fotógrafos. Admiro a fotógrafos e a fotógrafas. Entón iso tense que notar a hora de retratar, evidentemente.

4.Qué artistas ou obras pensas que construíron un imaxinario colectivo galego?

Ese é un proceso que está en continua construción, como proceso nacional. O proxecto de Sargadelos, O Castro, é un proxecto industrial pero creativo. E creo que iso é unha das sinais de singularidade, de identidade de Galicia. Todo: Isaac, a cerámica, o proxecto, tamén Luís Seoane como un dos grandes referentes…Logo están os artistas da Xeración Doente -con menos influencia pero que marcaron un punto-, as Vangardas Históricas Galegas, os Renovadores, todos os artistas da movida dos anos 80: Antón Patiño, Menchu, Reixa, Leiro, Manolo Paz…As iconas de Manolo Paz: está chea Galicia de menhires, vas a Ortigueira hai un menhir, vas a Coruña i é unha das postais de Coruña: os menhires. É outra das señales de identidade.

Tamén as fotos de Pepe Suárez, minoritarias pero van formando unha icona, as fotos e álbum de Ksado, de Ferrer, e como non, a foto da emigración de Miguel Ferrol: esa é unha foto internacional, recoñecida internacionalmente, unha grande icona. A música de Siniestro total: Miña terra galega, onde o ceo é sempre gris…Perdón  a tódolos artistas e amigos que admiro que non citei, que non me asasinen (risas)…

5.Qué referencias manexas? Ou que tipo de fotografías e autores gustas?

Eu gosto moito de Henri Cartier-Bresson, de Sebastião Salgado, Alex Webb, Cristina García Rodero, Alberto Schommer, Robert Capa, todos os clásicos da Axencia Magnum, os grandes retratistas como Helmut Newton, Irving Penn,  Annei Leibovitz, Pepe Suárez en Galicia. Quero dicir que eu son en esto son en esto moi plural, como o meu traballo é moi plural: fago traballo en color, fago traballo en branco e negro, fago un traballo mais de autor, tiven unha época na que facía bastante fotografía de arquitectura por encargo pero moi interesante, moita fotografía de paisaxe, de costume, foto-xornalista, -a xente publica no foto-xornalismo, agora pouco fago porque non hai traballo pero eu creo que son un referente no foto-xornalismo: polo menos teño unha traxectoria larga no foto-xornalismo galego-.

Teño moitos referentes: Harry Gruyaert, unha persoa de Magnum moi interesante, Bruno Barbey, moi interesante, Ferdinando Scianna, un italiano moi simpático ademais, interesantísimo…Por sorte teño moitos referentes e busquei sempre a formación, porque eu non estudei Fotografía. Eu estudei Historia. Entón intentei formarme eu, tanto tecnicamente como culturalmente no territorio da Fotografía, que é o mais importante. A mellor maneira de formarse é ver fotografías, ver cine, ver Arte en xeral, ver a vida, ver a vida…esa é a mellor escola de fotografía que hai: ser sensible, ter moita sensibilidade, moito ollo, fixarse, ser curioso…

Xurxo Lobato, fotoxornalista.

6.Pescudas algún tipo de documentación antes de fotografar?

Si, claro. Eu non saio a rúa en plan street photographer como lle chaman agora. Non, non. Por exemplo neste de Galicia en festas hai un traballo documental previo, como un guión. De feito o libro comeza coas festas de inverno cos fachos de Castrocaldelas e remata nos magostos de novembro. Quero dicir que hai un ciclo festivo: as festas de primavera como os maios, festas de verán como as rapas. Eu retratei o ciclo festivo. Informeime. Neste caso busquei as festas que tiveran un interese turístico internacional e nacional, por buscar un criterio, non podía retratar todas, non se trataba de facer un inventario nin moito menos. Busquei ese criterio, coas festas de interesa turístico galego que me podían interesar. En xeral as gastronómicas non me interesaban moito. Me poden interesar, pero para outro tipo de libro, outro tipo de proxecto, mais relacionado con iso que digo eu de Jalisia, sitio distinto ou My country is Jalisia. Pero neste caso non ía por ahí.

Entón antes de ir a unha festa me teño que documentar: eu o que intento é retratar a esencia desa festa, a foto ou as fotos que resuman, que nos digan, que plasmen nunha instantánea o que é esa festa, ou en varias instantáneas. As veces unha soa non chega. Por iso para eso tes que coñecer ben esa festa. Tes que prever. O problema dos fotógrafos é que o que xa pasou non se retrata. E o que está por pasar tampouco se retrata. So se retrata o presente. Enton teste que anticipar, e para anticipar hai que ter información: agora vai pasar esto, agora van saír os ataúdes, tes que saber a qué hora van sair os ataúdes, cómo van saír, donde me teño que colocar para facer mellor foto….todo iso é un traballo de documentación. Iso é algo moi importante: documentación tanto de referente de coñecemento, neste caso das festas, como de documentación visual tamén. Qué se fixo nestas festas? Qué podo facer, que podo aportar eu distinto?

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Escrito por

Vigo, 1988. Historiadora da Arte, fotógrafa, divulgadora, conferenciante e voz. Patroa da Fundación Luís Seoane. É licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, con especialización en Arte da Idade Moderna. É autora do libro "A orixinalidade radica na orixe. O concepto da imaxe galega na estética de Vicente Risco" i é coautora, xunto con Xosé Estévez e Joaquim Ventura, do libro "Vicente Risco no xornal Euzkadi".

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: