fbpx
Lobato co libro Galicia é unha festa

Xurxo Lobato (II): “Eu fago creación, ou como lle queiras chamar, para a xente, para a maioría”

Tempo de lectura: 7 min.

1.Daslle a algún elemento visual unha particular relevancia?

A cor para min é moi importante. Teño feitos fotos en branco e negro, como non, poucos pero cando o tema o require. Pero eu son sobre todo un fotógrafo da cor, porque a vida é a cor e ausencia da cor tamén. E para min é moi importante. Saber combinar un pouco as cores, porque a cor tamén é unha linguaxe, hai que saber tamén a linguaxe da cor, buscar o impacto visual, buscar que as cores definan tamén o que estás retratando dalgunha maneira. Por exemplo nos magostos qué prima? O ocre. Nos fachóns qué prima? A cor do lume. Na Rapa das Bestas qué prima? Os marróns, os ocres, as cores dos cabalos. Hai que saber da linguaxe da cor, das cores. Hai que saber que significa a cor vermello, o azul, o violeta…Todo iso transmite sensacións. Entón cando se está retratando algo, non estou falando de fotos abstractas, por suposto, estou falando de fotos documentais aínda que pareza estrano. Cando se está retratando algo, que aparezan unhas cores ou non inflúe moito.

Páxina dobre do libro “Galicia é unha festa”, obra de Xurxo Lobato.

2.Cando consideras que conseguiches “a” fotografía por excelencia?

Te refires cando estou facendo un proxecto concreto? Vouche ser sincero: case nunca remato satisfeito. Non me refiro as festas. En xeral. Sempre che queda ese punto de insatisfacción de “Terei a foto? Non terei a foto? Non sei…” Sempre quedas ahí…“Aquila que vin nunca puiden facer”…Sempre hai un punto de insatisfacción. A veces non. A veces dis “Hostia. Ahí está. Esta é a foto”. Outras veces non. Pero en xeral sempre queda ahí un punto…E logo cando estás revelando a fotografía, eso que vos chamades de photoshop -eu lle chamo de revelado dixital- e estás vendo todo o abano das fotos e dis “Non ves? Esta foto, se me houbera posto un pouquiño mais aquí igual…”. Quero dicir que sempre quedas así cun pouco de certo amarguillo. Pero ao final o libro das festas a verdade é que é un libro que eu estou contento con el, está tendo unha moi boa acollida, moita difusión, a pesares da situación que estamos vivindo que é complicadísimo facer presentacións. É moi complicado. Moi complicado. Algunha xente ao comezo lle pareceu estrano e dicir: “Coño, o Xurxo Lobato aparece cun libro das festas”. Bueno, o libro saíu xusto antes, tres días antes de que nos confinaran. Pero é un libro oportuno porque non hai festas. Qué mellor que un libro de festas para coñecelas?

3.Cómo pensas unha fotografía?

Unha fotografía, como dicía antes, é produto dunha reflexión documental previa. Quero retratar tal cousa, entón te tes que informa o máximo posible para que non se che escape nada, sexa o que sexa: unha paisaxe, a qué hora podes ir, a qué hora é a adecuada, a dirección do sol, a luz…E logo está a intuición. O oficio, a intuición, a casualidade as veces tamén, como en todo. É dicir: hai unha serie de elementos que están metidos nunha coctelera, con distintos tantos por cento -non che sabería dicir exactamente canto nunha foto- pero todos eses elementos os pos nunha coctelera i é posible que de ahí poida saír algo interesante.

E logo hai algo moi importante que é o dedo. Porque a decisión final a emite o cerebro ao dedo para facer click. Se non hai click, non hai foto. Entón nese click que ten que dar o dedo, hai que saber cando se lle da, aínda que agora faise moito click, mais ca antes. Pero aínda así eu non son de moito click, porque hai fotógrafos de moito click. Tamén hai fotógrafo de menos click ca eu. Todo eso creo é o configura a resposta a túa pregunta, cómo penso unha foto. Eu non son de elaboración dunha foto, intelectual.  As veces si, depende. Por exemplo cando fixen os retratos de Rostros do País, pois si. Tiña unha idea previa, claramente. A min me gosta moito os retratos sociolóxicos, os retratos da persoa no seu ambiente, no seu entorno. Hai outro tipo de retrato, que é o retrato mais psicolóxico, a mirada. Para o meu estilo de retrato me gusta combinar o que é a expresión, a mirada, os ollos -que é o que define un retrato- mais o ambiente, onde esas persoas nos dan conta da sua situación persoal, laboral, económica ou emocional.

4.Qué tes na mente cando observas para a fotografía?

Eu cando fago fotos, en xeral, son feliz. Algún amigo me di que son adicto ao traballo. Bueno, pode ser: porque para min non é traballo. Para min o traballo é a miña afición e a miña afición é o meu traballo. O único problema é que teño que vivir deso e non hai moito traballo deste. Pero ese é outro tema.

Entón eu cando vou facer fotografías xa en principio vou en bo estado de ánimo, porque me satisface. O vives en xeral nos reportaxes, eu os vivo con moita tensión. Moita xente me dicía co libro das festas: “qué ben o pasaches recorrendo as festas”. Non. Para facer fotos non podes involucrarte na festa, se as vives demasiado non fas as fotos. Se vas a desfrutala, tira a cámara e desfruta. E dicir: a min me xenera moita tensión porque estás preocupado de retratar, de conseguir a foto, de conseguir o que queres. De chegar ao momento oportuno, de que sexa como o tiñas previsto, do que che di a documentación e que logo nunca é igual o que pensas que vai pasar.

Imaxe tomada por Xurxo Lobato da procesión de Santa Marta de Ribartemede, do libro “Galicia é unha festa”.

5.Algunha reflexión sobre o valor da imaxe nun mundo coma o de hoxe, co predominio do visual no soporte dixital e físico?

Estamos vivindo un momento en que a imaxe ten moita importancia. Hoxe todo o mundo leva unha cámara de fotos no bolsillo, que é un teléfono móbil, é unha máquina de fotos. Chamarlle teléfono é absurdo. Non é un teléfono. Aparte cada vez falas menos, por desgraza, agora aquí xa ninguén fala, todo son mensajitos, non sei. Bueno: eche o que hai. Realmente non é un teléfono: é un mini ordenador, unha minicámara, unha minicámara de cine.

Logo en temas xa mais concretos, o tema da fotografía na rede, non so da fotografía senón como está pasando con todo, da gratuituidade -fixádevos o que está pasando coa prensa, que está afundíndose: a xente non quere pagar por prensa en papel, tampouco quere pagar polo contido na rede, llo deron gratis e se malhabituou, e se non pagas non se pode manter os medios. Entón os medios que se manteñen é porque hai grandes aparatos económicos e de poder que os manteñen, pero non se manteñen por eles mesmos, con todo o que supón-.

Entón está a cuestión do pirateo: é incrible a falta de conciencia. Ese é un delito: non se poden roubar fotos. Esa banalidade da que falaba eu é eso: como as fotos están na rede, pois xa está. Pois non, non se pode. Non te podes imaxinar a cantidade de chamadas que teño eu, pedíndome fotos, a min que son un profesional que vivo diso, de vendelas. “Ah! Pero esa foto xa a tes feita, non che importa”. Pero é que eu vivo disto. Eu cando vou a Gadis, ou cando vou a unha tenda ou cando teño que mercar un equipo novo fotográfico no digo “na tenda tes cincuenta cámaras. Dame unha para min”. É o mesmo razoamento. “Qué mais che da. É unha foto de arquivo”. É pirateo, polo tanto é delincuencia. É como roubar produtos audiovisuais. A industria do audiovisual vive de algo, os fotógrafos vivimos de algo. Senón cómo produces as fotos? Eu penso que non hai suficiente conciencia e para os profesionais é un problema.

E logo, efectivamente, a fotografía ten un recoñecemento creativo. Eu creo que hai tamén moito acomplexado. Hai artistas que usan a fotografía, cousa que eu non entendo nada porque se un artista usa a fotografía é un fotógrafo. Pero non se queren chamar fotógrafos, porque iso de  chamarse “fotógrafo” suena a cosa menor. “No: yo soy un artista que usa la fotografía”.

6.Iso non o entendo.

Pois pregúntalle a eles.

7.Non por nada senón porque me atopei (e non o digo pola fotografía) que no mundo da Historia da Arte me atopei con que a imaxe é algo mesmo vulgar. E dedicarte a sacar fotografías ou o que sexa -e o digo pola experiencia que teño eu, porque eu saco as miñas propias fotografías de esculturas, edificio etc- como que…Ummm.

Hai moito pijo. Por exemplo o que está pasando agora: ti vas ver unha obra de arte contemporánea, de arte actual, e case todo “lo guay son instalaciones”. Que me parece moi ben, pero se exclúe o figurativo. O figurativo está case maldito. E logo prima moito o concepto textual sobre a obra en si mesma. E hai obras que se non chas explican non as entendes, e isto leva a caricaturas acojonantes. Iso é unha atrocidade. Unha obra de Arte se ten que entender por si mesma: se necesita dunha explicación, vamos mal.   

Unha obra de Arte ten unha primeira lectura, que é a visualización: ahí che ten que emocionar, che ten que gustar, ten que captar a túa atención, ten que ter algún tipo de interese. E despois esa é unha lectura digamos para tódalas franxas de idade e cultura. E logo hai unha segunda ou terceira lectura, como mais intelectual, para xente con mais formación (“ah! Pois mira esta foto, aquí hai unha influencia de Rembrandt”, “mira aquí hai un claroscuro que é barroco” etc). Esa é outra historia.  Pero primeiro ten que ser de impacto e que che guste. Entón se eu, cando vou a un centro de Arte contemporáneo, necesito unha guía para que me explique obra por obra -porque se non o que vexo alí é unha escoba posta para arriba, como teño visto-…Non, non, me da igual: non teño ningún problema nin ningún complexo con isto. Me poden chamar garrulo, patán, antigo, me importa tres cojones. Pero é así, porque aparte é o que pensa o noventa por cen da xente.

8.Eso podo poñelo? (Ton de retranca).

Home claro. (Risas). Non: é que todo o que digo podes poñelo. Para iso está gravado.

Entón isto é como o rei desnudo. Ninguén se atreve a decilo. E todo o mundo o ve: “pero isto é unha escoba para arriba. Qué carallo me están contando?”. Bueno pois é o mesmo: y todo es la verbalización, la teorización (gargalladas), el bla bla bla, el bla bla bla, la mitad de los textos nadie los entiende, porque son textos incomprensibles. E ademais o fan adrede. Por iso no comezo da entrevista que me estás facendo, falaba de algo moi importante para min: eu fago creación, ou como lle queiras chamar, para a xente, para a maioría. Se non chega problema meu. Hai un sector de artistas que eso dálle igual, entonces pois mal asunto. Porque me parece que eso o que está facendo é que unha parte da poboación se afaste da arte contemporánea, incluso se rían del.

Escrito por

Historiadora da Arte.

Pode que che interese...