A liña de alta tensión dun parque eólico ameaza unha das fragas máis excepcionais de Outeiro de Rei | Historia de Galicia
Fragas en Outeiro de Rei / foto Asociación Salvemos as Fragas de Catasós

A liña de alta tensión dun parque eólico ameaza unha das fragas máis excepcionais de Outeiro de Rei

Tempo de lectura: < 1 min.

“Gustaríanos lanzar un #SOS á zona de Outeiro de Rei” así é como a Asociación Salvemos as Fragas de Catasós daba a coñecer un novo e alarmante perigo para un dos bosques máis importantes do concello de Outeiro de Rei. Trátase dun espazo protexido na Rede Natura 2000 no coñecido como “Complexo Húmido da Terra Chá” e que pode perder boa parte das súas árbores de maior porte nos próximos meses.

O problema e a inminente aprobación do proxecto de construción da liña de alta tensión de 132 kw do Parque Eólico Cordal-Ousá, da que o seu proxecto se atopa agora mesmo en exposición pública. A obra afectaría a máis de 350 hectáreas de bosque autóctono, no que se atopan ademais árbores de gran antigüidade. Para el desenvolveranse rozas e e abriranse claros na contorna de áreas de especial interese paisaxístico, segundo se afirma dende asociación.

.

Atravesando espazos naturais e patrimoniais

Segundo eles a intervención atravesará a “área recreativa Penas de Rodas, invadindo fincas con vivendas e bens de especial interese patrimonial que forman parte do conxunto histórico artístico do Concello, así como espazos de bosque autóctono, de cuxa valía natural fomos testemuñas esta fin de semana”.

Trátase de “espazos cunha gran biodiversidade e que día tras día se van degradando pola falta de protección medioambiental, pola falta dunha política forestal rica e diversa, pola especulación do monte, polos incendios reiterados e pola desidia das administracións reinantes”, tal e como afirman dende a asociación. “Ata cando imos tolerar a destrución da nosa contorna?”, denuncian.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: