A Xunta autoriza a extraer e mover un petróglifo afectado polas obras do poliduto da refinería da Coruña | Historia de Galicia
Refinería de petróleo de Repsol na cidade da Coruña / foto Lmbuga CCBy Wikimedia

A Xunta autoriza a extraer e mover un petróglifo afectado polas obras do poliduto da refinería da Coruña

Tempo de lectura: 2 min.

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural acaba de dar o seu visto e prace. O proxecto da empresa Repsol para extraer, trasladar e reubicar no mesmo lugar unha estación de petróglifos atopada na parroquia de Nostián, en Arteixo é compatible coa salvagarda do monumento. Trátase dunha intervención para poder desenvolver a obra do poliduto que unirá a refinería de petróleo da Coruña co seu porto exterior.

Este é o motivo polo que a empresa Repsol, á que pertence a refinería, solicitaba no pasado mes de xullo autorización a Patrimonio, co obxectivo de poder iniciar o antes posible a obra. O proxecto, no que participarán arqueólogos, restauradores e canteiros, consistirá na documentación e rexistro, a extracción, trasladado mentres se abre a gabia, reubicación no mesmo lugar despois e poñelo en valor do ben.

Obras no porto exterior da Coruña situado en Punta Langosteira / foto puertocoruna.com

E é que o petróglifo atópase no trazado deseñado pola empresa para a construción deste oleoduto múltiple, obra, á súa vez, necesaria para poder trasladar as instalación da empresa dende porto interno da cidade ó porto exterior. A obra contaba xa con autorización do Concello de Arteixo, polo que discorre en dous terzos o trazado, e acumulaba xa dous anos de demora por motivos alleos ó xacemento.

Trataríase dunha estación de petróglifos constituído por un conxunto de diversas cazoletas e outros trazos descuberto vai algún anos. Se ben nun primeiro momento a empresa contou cun informe xeolóxico no que se afirmaba que as gravaduras eran de orixe natural máis tarde arqueólogos e técnicos da Xunta confirmaron a súa orixe na man do home. Finalmente e nun tempo de récord, Patrimonio autorizou o proxecto da petroleira.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: