fbpx
Pintadas no conxunto histórico de Tui / foto Concello de Tui

Aparecen grandes pintadas anarquistas nos muros e na contorna do Cárcere Vello de Tui

Tempo de lectura: < 1 min.

As pintadas seguen a ser un dos grandes problemas dos centros históricos galegos. Neste caso foi a vila de Tui a que sufriu un importante ataque vandálico aparecendo este mércores pintadas de grandes dimensións, que, polo xeral, recollen simboloxía anarquista.

Trataríase da rúa Sanz, tanto o empedrado da propia rúa coma as paredes do Cárcere Vello. Tamén apareceron pintados outros inmobles particulares, todos históricos, situados na contorna deste emprazamento.

As pintadas aparecerían tanto nos pavimentos de pedra como nos históricos muros dos edificios, así como en portas e xanelas, algúns deles mesmo ó pé dos carteis de información turística. As pintadas apelan a figura do rei e da policía, mais a maioría son escasamente lexibles, mesmo simples trazos.

Este tipo de pintadas supón un gran problema para os centros históricos onde eliminalos sen crear patoloxías á pedra supón un gran esforzo económico e tamén organizativo. Dende o Concello de Tui fan un chamamento a respectar o noso patrimonio. As forzas e corpos de seguridade están a investigar os feitos.

Pintadas no conxunto histórico de Tui / foto Concello de Tui

Pode que che interese...