fbpx
Integrantes do Proxecto Castro de Doade na procura de mámoas / Proxecto Castro de Doade

Doade, a parroquia de Lalín das sete mámoas

Tempo de lectura: < 1 min.

O proxecto Castro de Doade destaca que os cinco túmulos prehistoricos e a cavidade rochosa que atoparon na pasada campaña pasaron xa a formar parte do inventario de bens arqueolóxicos da dirección xeral de Patrimonio.

De feito, durante os traballos de intervención no castro de Doade, uns veciños da parroquia puxeron en coñecemento dos arqueólogos e do Museo Casa do Patrón o achado casual de dous machados de pedra pulimentada, posiblemente procedentes dun elemento non catalogado.

Mámoa atopada en Doade, Lalín / Proxecto Castro de Doade

Isto motivou que parte da equipa arqueolóxica do castro de Doade, dirixida por Vanesa Trevín Pita, e a petición expresa dos veciños da parroquia de Doade, adicara uns días a realizar un proxecto de prospección arqueolóxica. O obxectivo, segundo lembran era “tentar localizar o sitio de onde saíron, e comprobar o seu estado atopando a mámoa, e catro túmulos mais sen catalogar ata ese momento”, indican a través das redes sociais.

Na actualidade estas mámoas xa están protexidas e catalogadas, polo que a parroquia de Doade ten xa un total de sete mámoas inventariadas.

Pode que che interese...