Lalín e Agolada rehabilitan a última das seis pontes medievias que uniron o Deza coa Ulloa | Historia de Galicia
Ponte dos Cabalos entre Lalín e Agolada / foto reteirosdelalin.gal

Lalín e Agolada rehabilitan a última das seis pontes medievias que uniron o Deza coa Ulloa

Tempo de lectura: < 1 min.

A Ponte dos Cabalos, entre os concellos de Lalín e Agolada é unha das pontes máis antigas da comarza do Deza. Data do ano 970 e era unha das seis pontes que se contruíron na Idade Media para enlazar Deza coas terras de Antas de Ulla. Forma parte dun Camiño Real que unía Lalín e Taboada e ten unha singular feitura, con dous grandes arcos de medio punto e un paso alintelado con grandes laxes de pedra. Hoxe forma parte do Camiño de Inverno.

Ponte dos Cabalos nevada / foto Turismo de Lalín

Mais a Ponte dos Cabalos verá pronto nova vida. Pois estanse a desenvolverse xa as obras de rehabilitación da ponte, promovidas polos Concellos de Lalín e Agolada. As obras contan cun orzamento de 115.000 euros, aportados por ambos concellos coa participación do GDR Pontevedra Norte.

As obras consistirán na recuperación das pedras da ponte caídas ó río, que serán colocadas no seu lugare. Recuperaranse tamén os peitorís, algún soportes e colocaranse unas escaleiras de acceso na ribeira da Agolada. Tamén se colocarán bolardos de pedra en ambas marxes para evitar o acceso de maquinaria pesada. Recolle a nova o Faro de Vigo.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: