fbpx
Mosteiro de Carboeiro / foto AlmaCCBy Wikimedia

Marca histórica de visitas no mosteiro de Carboeiro no verán da Covid-19

Tempo de lectura: 3 min.

Coa Covid-19 o turismosufriu unha gran mudanza. Se ben a situación foi un problema para o turimo de masas,  serviu tamén para descubrir outros lugares menos expostos. Este é o caso do mosteiro de Carboeiro, no concello de Silleda, Deza, que o pasado mes de agosto veu de bater todas as marcas históricos de visitas.

Fíxoo con máis de 4.000 visitas en só un mes, sendo a primeira vez dende que se empezaron a desenvolver as visitas que se contabilizaran máis de tres milleiros en menos de 30 días. O incremento foi, sobre todo, co turismo de proximidade, pois máis da metade dos visitantes foron de orixe galega, a maioría das provincias de Pontevedra (1.116 visitas) e Coruña (857), sobre todo das cidades de Santiago, Vigo e Pontevedra.

Mosteiro de Carboeiro / foto turismo.gal

Tamén houbo un repunte do turismo nacional, de visitantes procedentes doutras rexións españolas, especialmente de Madrid, Cataluña, Andalucía, Euskadi, Castela e León e Castela a Mancha. No tocante ós visitantes estranxeiros, o país do que máis visitas se recibiu foi de Francia, seguido de Portugal, Alemaña, Andorra e Venezuela, entre outros.

En coche ou a pé, un monumento sen transporte público

De entre as estadística das visitas destaca a maior presenza de mulleres que de homes (53% fronte ó 47%), así como do grupo de idade entre 35-65 anos (con máis dun 55%), seguidas da mocidade de entre 16-35 anos (506 visitas), menores de 16 anos (722) e, por último, maiores de 65 anos (319).

Fervenza do Toxa / foto XosemaCCBY Wikimedia

O xeito en que visitaron o monumento foi a gran maioría foi en familia nun 46%, máis tamén en parellas nun 41%. No tocante ó coñecemento do monumento nun 59% persoas que xa coñecían o mosteiro mentres que un 41% a buscou información en Internet.

É de destacar ademais que a práctica totalidade dos visitantes fixérono en transporte privado. Pois o mosteiro de Carboeiro non ten opción a ser visitado en transporte público, como si ocorre en monumentos semellantes doutros países e rexións da nosa contorna. Porén tamén hai un porcentaxe amplo de visitantes que chegaron a pé a través do excepcional roteiro que parte do impresionante salto do Toxa.

Mosteiro de Carboeiro / foto turismo.gal

Un verán de proximidade

“Este foi un verán atípico no que moitas persoas optaron tamén polo turismo de proximidade”, explica a concelleira de Turismo, Mónica González. No mes de xullo o número de entradas foi moito menor, tan só de 1.829, máis superando tamén o número de  entradas de xullo de 2019.

Carboeiro reabriu as súas portas ó público o pasado 1 de xullo, logo de permanecer pechado dende o 13 de marzo. Para isto foi necesario seguir o protocolo de visitas e aforo limitado que se estableceu dende a Rede de Turismo Info Rías Baixas, da Deputación de Pontevedra, na que se inclúe o monumento.

Mosteiro de Carboeiro / foto turismo.gal

Cambio do horario a partir do 15

A reapertura coincidíu tamén co remate das obras de mellora e restauración acometidas pola Consellería de Cultura e o adecentamento que realizou o Concello co pintado das portas e ventás e a colocación de paneis informativos.

Durante o verán o monumento contou con horarios ininterrompidos e visitas guiadas. Mais mañá, día 16, entrará en vigor o horario establecido para o outono. Agora a apertura será de martes a domingo de 11:00 a 14:30 e de 16:00 a 19:00 horas permanecendo pechado os luns, excepto o día 12, festivo nacional.

Mosteiro de Carboeiro / foto turismo.gal

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...