fbpx
Dolmen atopado en Barreiros / Mariña Patrimonio

Mariña Patrimonio denuncian que a Xunta non “protexe nin cataloga” bens descubertos para “boicotealos”

Tempo de lectura: < 1 min.

As Asociacións Culturais Mariña Patrimonio e Irmandade Santo Estevo veñen de descubrir no concello de Barreiros dous novos xacementos arqueolóxicos. Trátase dun dolmen en Penabor e dunha mámoa no Cruceiro da Insua.

Os dous colectivos mencionados veñen de solicitarlle á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural (DXPC) a inclusión destes dous monumentos megalíticos no Catálogo do Patrimonio Culltural de Galicia, aínda que aseguran “temer” que “tanto a mámoa de Penabor coma a da Insua se sumen á longa lista de bens patrimoniais que a DXPC nin cataloga nin protexe debido ao seu boicot ás solicitudes que presenta Mariña Patrimonio”. Máis información no Xornal da Mariña.

Pode que che interese...