O Castelo de Andrade, a gran fortaleza do Eume, será restaurado de novo | Historia de Galicia
Castelo de Andrade / foto turismo.gal

O Castelo de Andrade, a gran fortaleza do Eume, será restaurado de novo

Tempo de lectura: 2 min.

Enfesto sobre uns penedos, dominando todo o val de Pontedeume, o Castelo de Andrade, do século XV, permaneceu por moitos anos en ruína. Foi a comezos do actual século cando se rehabilitou, se inseriu unha estrutura de madeira entre os seus muros e se fixo accesible como monumento e como impoñente miradoiro das Terras do Eume.

Porén, aquela intensa e coidadosa intervención viu tamén o efecto do paso dos anos e hoxe precisa dunha nova intervención. É por isto polo que o Concello de Pontedeume, coa colaboración da Deputación da Coruña, no marco do Plan Único (POS+2019)  desenvolverán unha nova rehabilitación do Castelo dos Andrade.

Tratarase sobre todo da retirada da vexetación existente nos seus muros, así como un novo tratamento e encintado. Tamén se recuperará a estrutura interior de madeira repoñendo as pezas danadas e recuperando os pasamáns. Por último procederase a limpeza perimetral da ramaxe e a recuperación do acceso ó inmoble. As obras terán un orzamento de 34.364 € e polo de agora aínda se agarda a presentación de ofertas.

Detalle do Castelo de Andrade / foto turismo.gal

Recorde de visitantes en 2020

As obras enmárcanse na importante aposta do goberno municipal por convertelo nun emblema a vila. Tamén nun dos atractivos dun concello que é a porta de entrada ás Fragas do Eume. Para isto instaláronse nos últimos anos mesas interpretativas sobre o monumento e tamén se sinalizaron roteiros de sendeirismo.

Froito deste gran esforzo dende o goberno municipal as cifras de visitantes nos últimos anos non pararon de crecer. De feito, segundo os datos do Concello, o Castelo acadou máis de 5.000 visitas ó longo de este verán, a súa maior cifra histórica.

Castelo de Andrade / foto turismo.gal

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: