fbpx
Castelo de Soutomaior / foto castelodesoutomaior.com

O Castelo de Soutomaior xa é Xardín Histórico Observer

Tempo de lectura: 2 min.

O Castelo de Soutomaior, xunto cos seus xardíns históricos, segue a consolidarse como un dos referentes do turismo patrimonial do sur de Galicia. Pois, tal e como anunciaba este xoves a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xa é un dos monumentos co privilexio de conseguir o certificado ‘Xardín Histórico Observer’, que o acredita como destino de turismo científico.

Trátase dun certificado que o acredita o seu recoñecemento como espazo que aposta pola promoción do turismo científico ou conxunto históricos do patrimonio natural ou cultural que constitúe “un recurso único e singular a través do que realizar actividades de divulgación no eido da botánica e a historia”. O castelo de Soutomaior conseguiuno ademais con mención especial, ó conseguir as máximas cualificacións en parámetros como o patrimonio natural e cultural, a conservación, así como as visitas guiadas e a oferta de actividades.

Xardín do Castelo de Soutomaior dende a Galería de Damas / foto Historia de Galicia

O castelo tivo que someterse a unha auditoría con ata 197 medidas de valoración nas que obtivo a máxima puntuación, tal e como apuntaba Maite Vence, directora de Observer. Valoráronse especialmente as actividades de divulgación e mercadotecniao seu vínculo con organismos de investigación como a Estación Fitopatolóxica de Areeiro e tamén os protocolos de bioseguridade para facer fronte á covid-19.

“Nós cremos moito no turismo sustentable, diferente, que salvagarde os valores e este xardín é un marabilloso espazo natural, un orgullo para a provincia, Galicia e España. Hai poucos como este e ten todos os méritos para cumprir coas rigorosas avaliacións que se fixeron para poder formar parte deste turismo científico”, como destacou Carmela Silva afirmando sentirse “encantada” de formar parte dos destinos distinguidos por este tipo de turismo.

A Galería das Damas (s. XIX) do Castelo de Soutomaior / Silvia Cernadas Martínez

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...