Paneis informativos e mellora nas fontes para o Camiño de Santiago en Silleda | Historia de Galicia
Camiño de Santiago / foto larahcvCC0

Paneis informativos e mellora nas fontes para o Camiño de Santiago en Silleda

Tempo de lectura: < 1 min.

O concello de Silleda prepárase para o Xacobeo 2021. Farao cun investimento de preto de 7.500 euros acollido ás  “Axudas para actuacións de Mellora Paisaxística e de Embelecemento de Bens e Recursos que se atopen no Camiño de Santiago”, que convocou nos pasados meses a Xunta de Galicia, que aportará o 75%.

A proposta inclúe o equipamento de paneis e a mellora de varias fontes, dando respostas ás necesidades detectadas no Camiño. Os paneis informativos contarán con ilustracións, datos relativos á orientación destes enclaves e códigos QR en tres idiomas. Estarán colocados en Ponte Taboada, xunto ó pazo de Transfontao e preto da Ponte de Chapa.

En canto ás fontes, dotaranse dúas en Taboada e en Margaride, recuperando e mellorando outras xa existentes. No caso de Taboada colocarase unha nova xunto á igrexa de Santiago de Taboada cunha fronte de pedra que irá tallada cun motivo peregrino, mentres a de de Margaride será arranxada colocando tamén ornamentación en pedra.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: