Pasan unha gran maquinaria forestal ó mesmo pé da mámoa de Pedra da Moura en Vimianzo | Historia de Galicia
Dolmen de Pedra da Moura no Concello de Vimianzo / foto HdG

Pasan unha gran maquinaria forestal ó mesmo pé da mámoa de Pedra da Moura en Vimianzo

Tempo de lectura: < 1 min.

As pegadas dunha gran maquinaria forestal ó mesmo pé do que se conserva da mámoa da Pedra da Moura, en Vimianzo. Esa é a nova ameaza que, unha vez máis, sufriu un dos megalitos galegos nos últimos días da man do sector forestal.

Pois durante esta fin de semana podía verse como nun dos  xacementos da Ruta dos Dólmenes da Costa da Morte veuse ameazado de preto polo desgaste do terreo ocasionado pola máquina. Trataríase dunha gran maquinaria para o traslado de madeira, empregada nunha corta dunha finca anexa ó terreo onde se atopa o dolmen.

As pegadas atópanse no que se correspondría con un camiño que dá acceso ás fincas. Porén o ancho e o peso da gran maquinaria, que sobrepasaría bastante ó dun tractor, deixaría impraticable o camiño así como un gran desgaste no chan o pé mesmo da propia mámoa.

 

Na Ruta dos Dólmenes da Costa da Morte

O dolmen da Pedra da Moura, entre as parroquias de Treos e Serramo, en Vimianzo, é un dos nove xacementos que compoñen a Ruta dos Dolmens da Costa da Morte. Ten unha anta de máis de 4 metros de lonxitude que, a pesares de ser expoliada, conserva aínda moitos dos seus ortostatos así como unha das pedras de cuberta no seu corredor lugar orixinal. A mámoa que o rodea, xa moi desgastada polo paso do tempo e os traballos agrarios, tería uns 15 m de diámetro.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: