fbpx
Detalle do cartaz da presentación do libro / foto Concello de Ames

Queres coñecer os petróglifos de Santiago á Costa da Morte de man do colectivo A Rula?

Tempo de lectura: 2 min.

Concienciar á poboación sobre o valor dos petróglifos galegos. Ese é o obxectivo do libro Na Espiral dos Círculos Concéntricos, que será presentado polo colectivo A Rula este mércores 23 de setembro ás 20.30 horas, no Pazo da Peregrina de Ames. Trátase dun libro que preténdese facer accesible a información sobre os petróglifos e dar un paso máis na divulgación deste excepcional patrimonio.

Portada do libro / foto Concello de Ames

Nas páxinas o lector encontrarase cunha guía deste arte que percorre o territorio galego dende Ames ata a Costa da Morte, pasando tamén por lugares como A Estrada ou Caldas de Reis, recompilando información de máis 5 anos de traballo e investigación. Trátase de concienciar do valor que teñen os petróglifos e aproveitar tamén para facer unha chamada ás institucións autonómicas para que se comprometan co seu coidado.

A obra Na Espiral dos Círculos Concéntricos foi publicada o pasado mes de xullo, e xa se pode mercar en tendas como a Casa do Libro ou na Librería Nobel e agárdase que moi pronto este tamén nas bibliotecas galegas. Na presentación participarán o concelleiro de Patrimonio Histórico, David Santomil, e maila concelleira de Cultura, Natividade González xunto a membros do colectivo.

Parque Compostela Rupestre

Os achados de arte rupestre na comarca de Santiago están a sorprender nas últimas décadas. Por isto para poñer en valor este patrimonio, os Concellos de Ames, Santiago, Brión, Teo e Val do Dubra e a Deputación da Coruña asinaron un convenio de colaboración para crear o Parque Compostela Rupestre. O proxecto que ten unha vixencia de catro anos, prorrogables por outros catro conta cun financiamento de 500.000 por parte da Deputación da Coruña para o seu desenvolvemento.

Parque Compostela Rupestre / foto compostelarupestre.gal

Trátase de cooperar para promover e xestionar de forma conxunta a posta en valor da arte rupestre nas cinco localidades. Para isto ó longo destes catro anos iranse asignando diferentes fondos para cuestións como a mellora da contorna e o estado dos xacementos, un plan director ou un plan de comunicación. Dende o pasado mes de setembro de 2019 o Concello de Ames asumiu a presidencia do Parque, que ten carácter rotatorio.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...