fbpx
Desfeita provocada por unha talla ilegal no antigo priorato de San Romao de Moreda, en Pantón / Segredos de Pantón

Unha talla ilegal destrúe unha fraga e os muros dun antigo priorado bieto en Pantón

Tempo de lectura: < 1 min.
A asociación cultural “Segredos de Pantón” denuncia unha talla ilegal realizada durante o confinamento nun monte caducifolio de ribeira na parroquia de Pantón.
Nunha comunicación remitida a Historia de Galicia, esta asociación destaca que en pleno confinamento, no pasado mes de abril, parte da veciñanza de Moreda púxose en contacto con ela para dar conta dun “atentado natural”.

Desfeita provocada por maquinaria pesada en San Romao de Moreda, en Pantón / Segredos de Pantón

“Na freguesía de San Romao de Moreda tivo lugar unha tala ilegal dun bosque caducifolio de ribeira dentro do curso protexido do río Carabelos e tamén dun fermoso bosque de abelairas. A maiores de todo isto se non fóra suficiente no bosque caducifolio de carballos estaban os restos do muro perimetral do antigo priorado bieito de San Romao de Moreda. Os devanditos restos foron destrozados por maquinaria forestal pesada”, apunta.
A Sociedade Galega de  Historia Natural presentou xa a pertinente denuncia tras constatar ante a Consellería de Medio Rural que a tala foi ilegal. Máis información no Xornal de Lemos.

Pode que che interese...