fbpx
Participantes nun trail correndo polos muros do castro de Santa Tegra / Santiago BazLomba - Rede do Patrimonio Galego

200 persoas correndo polos muros do castro do Trega

Tempo de lectura: < 1 min.

A Rede do Patrimonio de Galicia denuncia a organización dun trail no monte Santa Tegra por poñer a correr enriba das estruturas do famoso castro do Tegra a máis de 200 persoas. “Agardamos unha explicación por parte da organización do trail, os muros do xacemento non poden formar parte dunha actividade deportiva“, denuncia o colectivo que acompaña a súa crítica cunha chea de imaxes da proba.

Esta é a cuarta edición do Trail do Trega, unha proba organizado por TimeAventure en colaboración co Concello da Guarda e a Deputación de Pontevedra.

Participantes no Trail do Tegra / SantiagoVaz Lomba – Rede do Patrimonio de Galicia

A carreira pedestre consistiu nun percorrido total de 18,5 km e un desnivel acumulado de 1.100 metros. Por outra banda, o evento deportivo tamén incluiu a posibilidade de participar nunha “andaina” de 10 km de percorrido polos puntos emblemáticos deste monte. Nesta ruta participaron medio cento de persoas.

Non é a primeira vez que hai denuncias polo maltrato deste emblemático espazo. Hai dous anos, durante a tradicional festa de subida ao monte, algúns dos participantes utilizaron casas e habitáculos do castro como improvisados merendeiros, o que infrinxiría a actual lei de Patrimonio.

Pode que che interese...