fbpx
Reconstrución dun neandertal e dun homo sapiens / NRC

Conviviron ou mesmo acabaron os Sapiens cos Neardentais da Costa Atlántica Europea?

Tempo de lectura: 2 min.

Os humanos modernos chegaron á península Ibérica 5.000 anos antes do que se pensaba. Isto é o que pon de relevo un estudio desenvolvido na cova Lapa do Picareiro, situada preto da costa atlántica do Centro de Portugal, e publicado o pasado 23 de setembro na revista Pnas.

Segundo o estudo os humanos modernos acadaron a parte máis occidental de Europa hai entre 41.000 e 38.000 anos, case cinco milenios antes do que se pensaba. Isto podería telos feito coincidir cos neandertais no canto de chegar a territorios baleiros de humanos.

A coincidencia no tempo das dúas especies

O estudo foi desenvolvido por un equipo internacional composto por membros da Universidade de Faro (Portugal), Louisville (Estados Unidos), Bohemia Occidental (República Checa) ou Liepzig (Alemaña), entre outros, baséase no descubrimento dun rico xacemento arqueolóxico que inclúen ferramentas de pedra, xunto con miles de ósos de caza.

Estas ferramentas, tales como auriñacianos eran tecnoloxía asociada ós primeiros humanos modernos e documentarían a súa presencia na parte máis occidental de Europa nun momento no que se pensaba que tan só os neandertais estaban presentes na rexión.

Reconstrución do aspecto que tería un neandertal / Ancien Origins

Así substituíu Sapiens ó Neandertal

Así, convírtese esta na primeira evidencia da presencia humana na Península Ibérica, sobrepasando á cova de Bajondillo, en Torremolinos. Isto demostraría que os humanos modernos non chegaran a terras desprovistas de neandertais, o que para o campo da arqueoloxía é unha cuestión especialmente emocionante.

Porén a cuestión de se os últimos neandertais sobreviventes en Europa foron substituídos ou asimilados por humanos modernos entrantes é unha cuestión moi complexa e sen resolver na paleoantropoloxía como explica o antropólogo Lukas Friedl da Universidade de Bohemia Occidental, República Checa.

Un duro clima para as dúas especies

Mais a pesar das datas solapadas, non parece haber evidencia de contacto directo entre os neandertais e os humanos modernos, segundo engade o propio estudo. Ademais a chegada dos humanos modernos, porén, correspondería a unha fase fría e extremadamente seca.

Pois na porpia cova os expertos puideron atopar un rexistro paleoclimático ben conservado que axuda a reconstruír as condicións ambientais da época dos últimos neandertais e da chegada dos humanos modernos. Trataríase dunhas duras condicións ás que se terían que enfrontar ambos grupos.