fbpx
Castro atopado en Astariz, en Lugo / Patrimonio dos Ancares

Aparece un castro inédito a tres quilómetros da antiga Lucus Augusti

Tempo de lectura: < 1 min.

A colaboración entre a asociación de recreación histórica de Lugo Tir Na N´og e o colectivo Patrimonio dos Ancares permitiu documentar un asentamento tipo castro no concello de Lugo. Foi no monte Segade, pertencente á aldea de Astariz, en O Veral. Trátase do primeiro castro documentado nesta parroquia.

Curiosamente, no lugar onde se atopou esta fortaleza castrexa consérvase o evocador topónimo de O Castrelo. Non figura recollido nin nos visores da Xunta de Galicia (Plan Básico Autonómico e de Aproveitamentos Forestais) nin no PXOM do Concello. Na contorna apareceu un muíño navicular. Toda a información en Lugo Xornal.

Pode que che interese...