Aparece unha necrópole altomedieval nun castro costeiro da Mariña que foi tamén ermida e mosteiro | Historia de Galicia
Vista aérea do Castro de San Tirso coas ruínas da ermida, antes da escavación / foto AXM Xornal da Mariña

Aparece unha necrópole altomedieval nun castro costeiro da Mariña que foi tamén ermida e mosteiro

Tempo de lectura: 2 min.

Unha necrópole altomedieval. Este é o inesperado achado aparecido durante as sondaxes que se están a desenvolver no castro de San Tirso de Portocelo, no concello de Xove. Nel se atoparon cinco tumbas en bo estado dentro da croa do castro, así como unha pequena peza decorada que formaría parte dun colar.

As sondaxes esta a desenvolvelas a empresa Cado Arqueoloxía, baixo a dirección de David Fernández Abella e teñen como obxectivo a definición cronolóxica do xacemento e a delimitación dos seus diferentes elemento a través dunha escavación en varias catas de 4×4 metros.

Cinco tumbas do estilo altomedieval

As tumbas estarían feitas en fosas no propio substrato cercadas con laxas ós lados, seguindo a tipoloxía da época, con dimensións diferentes entre os 1,65 metros de longo e o 1,90 m. Porén non foron atopados ósos porque, como acontece polo xeral en Galicia, o PH da terra é moi ácido o que fai que xa non se conserven. Tampouco se atopou ningún enxoval funerario.

Vista aérea do Castro de San Tirso coas ruínas da ermida, antes da escavación / foto AXM Xornal da Mariña

Mais a súa disposición e características son moi similares ós de outros xacementos da provincia como ás de Bretoña ou as da catedral de Lugo. Isto permite asimilalas a unha tipoloxía coñecida e relacionalas cunha posible doazón documentada do arcediago Rodrígo a uns monxes no século VIII. Porén sobre os achados faranse datacións con Carbono 14.

Unha ermida e un mosteiro sobre un castro costeiro

Mais non é o único achado desta campaña no xacemento. Pois nos pasados días anunciábase tamén o achado dunha pequena peza ou perla de colar singularmente decorada, posiblemente da época prerromana. A peza estaría feita de pasta vitria e decoración oculada e posiblemente podería ter chegado a través de intercambios marítimos.

E é que este xacemento trátase dun dos máis enigmáticos e singulares da Mariña. Pois trátase dun castro costeiro situado no saínte da liña de litoral. Mais sobre el aínda se conservan as ruínas dunha ermida que tería sido construída sobre un antigo mosteiro, que podería corresponderse co citado na doazón.

Restos da igrexa vella de San Tirso / foto AXM Xornal da Mariña

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: