fbpx
Castelo de Monterrei, detalle do vídeo

Así se ve o Castelo de Monterrei e as súas polémicas obras a vista de dron

Tempo de lectura: < 1 min.

Un dos castelos máis excepcionais e mellor conservados de Galicia é o Castelo de Monterrei. Esta fortificación medieval, situada sobre un outeiro que domina o val do río Támega e ó pé da vila de Verín, pode verse de xeito actualizado e a vista de dron a través da plataforma YouTube.

E é que este excepcional monumento da provincia de Ourense declarado Monumento Histórico en 1931, foi filmado e subido á rede por unha empresa de drons fai pouco máis dunha semana. Nas imaxes poden apreciarse con gran detalle as diferentes liñas da muralla, o seu patio, as vivendas que en tempos tivo ó seu pé, a Atalaia, ou a súa relación coa vila de Verín.

 

O vídeo ten ademais a singularidade de que poden verse tamén as últimas obras de restauración desenvolvidas no castelo. Entre elas destaca con gran claridade o polémico acceso de formigón construído sobre un camiño empedrado do século XVI. O polémico acceso que pode apreciarse como unha gran liña branca sinuosa que remata nun aparcadoiro.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...