fbpx
Trirreme romano representado nunmosaico / foto Mathiasrex CCBy Wikimedia

Atopan unha áncora romana en Baiona preto do Cabo Silleiro

Tempo de lectura: < 1 min.

Unha áncora lítica ou de pedra, duns 70 cm de longo, 60 quilos de peso e cos dous furados característicos para introducir as cordas. Este é o singular achado que se produciu no día de onte na vila de Baiona.

Trataríase dunha áncora romana ou prerromana segundo o director do Museo do Mar de Vigo, Vicente Caramés. Sería unha das cinco áncoras atopadas na zona e unha das preto de 150 documentadas ó longo de toda Galicia.

A histórica áncora foi atopada por dous mariscadores Manuel Durán e Iván González onte martes mentres traballaban. Foi atopada na zona da Illa da Carral, preto do Cabo Silleiro. Os descubridores queren doar o achado ó Museo da Casa da Navegación de Baiona como tamén recolleu Telemariñas.

Pode que che interese...