Descobren excepcionais restos medievais nas obras do Museo Arqueolóxico de Ourense | Historia de Galicia
Recreación do antigo edificio medieval segundo se coñecía antes dos achados / foto Museo Arqueolóxico de Ourense

Descobren excepcionais restos medievais nas obras do Museo Arqueolóxico de Ourense

Tempo de lectura: 2 min.

Tras 17 anos pechado as obras do Museo Arqueolóxico de Ourense, situado no antigo Pazo Episcopal da cidade, segue sen rematar e prolongaranse ata o terceiro trimestre de 2022. Mais este novo retraso foi xerado, esta vez, por unha excelente nova, o achado de novas estruturas medievais no solar do edificio.

Pois o Estado, que está a desenvolver a obra, anunciou a través dunha resposta no Senado o achado no núcleo construtivo orixinal do edificio importantes restos de época medieval. Trataríase “fundamentalmente varios ventanais románicos e un arco gótico” que se poderían proceder do antigo Pazo Episcopal da cidade, sendo, por tanto, dos poucos restos medievais de arquitectura civil conservados en Galicia.

Detalle do edificio do Museo Arqueolíxoco de Ourense / foto Museos de Galicia

E é que “a extensión dos restos arqueolóxicos era moito maior que a coñecida, ocupando incluso zonas non documentadas ata o momento“, como declaraban dende o goberno. É por isto que os novos achados obligarán a replantexar as obras, afirmándose que se está a estudar como incorporalos dentro do proxecto de rehabilitación, o que obligará a adiar a obra.

O resultado formará parte do novo Museo Arqueolóxico de Ourense, unha das infraestruturas culturais máis importantes da cidade. Cun investimento que rolda os 12 millóns de euros será tamén un dos grandes investimentos do Estado na cidade de Ourense. A inversión, tamén inclúe a futura obra museográfica do espazo, que para desenvolverse podería prorrogar a súa apertura ata 2024. Unha vez rematado o edificio será cedido á Xunta de Galicia. A nova foi recollida por La Región.

Museo Arqueolóxico de Ourense / foto Turismo de Galicia

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: