fbpx
Restos do cruceiro esnaquizados que quedaron no lugar / foto HdG

Maquinaria agraria esnaquiza outro cruceiro rodeado de asfalto

Tempo de lectura: < 1 min.

Sucedeu de novo. Unha vez máis un cruceiro rodeado de asfalto foi presa da maquinaria rodada. Trátase do cruceiro de Casas Novas, na parroquia de Serramo, concello de Vimianzo, moi preto da Ruta dos Dólmenes. O cruceiro cinguido por completo de estrada e nun cruce de camiños foi derrubado o pasado sábado por unha máquina ensiladora de millo de gran tamaño.

O cruceiro, con máis de 120 anos, xa que na súa base podía lerse a data de 1899, quedou por completo estragado. Pois tanto a súa base como o varal quedaron partidos en anacos e a cruz completamente esnaquizada, polo que todo o conxunto quedou nun estado de difícil recuperación. Foi o propietario do vehículo o que deu parte á policía local.

Cruceiro de Casas Novas en Serramo, Vimianzo, antes de ser esnaquizado

Pode que che interese...