fbpx
Radiografía dun Torques / foto Museo Arqueolóxico Nacional

Que teñen dentro os torques galaicos?

Tempo de lectura: < 1 min.

Os torques da cultura galaica, procedentes dos nosos castros, gardan aínda moitas máis sorpresas das agardadas. Este é o caso do último achado amosado polo Museo Arqueolóxico Nacional que acaba de revelar a través da súa #VitrinaCero un segredo ignorado por moitos, no interior, literalmente, destas excepcionais peza de ourivería.

Pois o radiografado de varios torques acaba de revelar “a presenza de materia no interior dos seus remates”. Pois “estes colares non servirían unicamente como adornos que amosan status social, senón tamén poderían funcionar como elementos simbólicos e protectores”.

E é que esta peza interior “serviría para xerar son a modo de axóuxere”. Así, a esta función simbólica e protectora “axudaría o son producido ó ser axitados”, tal e como afirman dende o Museo. “É o caso deste torques de ouro que amosamos na nosa #VitrinaCero, procedente de Lugo e datado entre os séculos V e III a. C.”.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...