Queres coñecer in situ e da man dos seus arqueólogos o excepcional campamento romano da Ciadella? | Historia de Galicia
Presentación da xornada de portas abertas / foto celtitravel.com

Queres coñecer in situ e da man dos seus arqueólogos o excepcional campamento romano da Ciadella?

Tempo de lectura: 2 min.

O da Ciadella é un dos campamentos militares romanos mellor conservados de Galicia. Localizado no concello de Sobrado, estivo activo entre os séculos II e IV, tempo no que desempeñou un papel capital na vixilancia da vía XX, que unía as cidades de Brigantium e Lucus Augusti. Nel asentaríanse entre 500 e 600 militares da Lexio VII Gémina de León, nunha unidade mixta, tanto de infantería como de cabalería.

O recinto, abandonado nos derradeiros anos do século IV, foi escavado en 1934 polo histórico arqueólogo Ángel del Castillo. Foi prospeccionado tamén despois polo doutor José Manuel Caamaño Gesto. Agora, ó longo deste 2020 un equipo de arqueoloxía e conservación-restauración da Universidade de Vigo, dirixido por Adolfo Fernández, desenvolveu unha última campaña de  escavación e posta en valor que recuperou e dignificou o xacemento tras anos de abandono por parte das administracións.

Unha xornada de portas abertas da man do propio equipo

Agora o propio equipo da Universidade de Vigo que estivo a traballar no xacemento quere presentara os resultados da campaña. Farao nun acto aberto ó público, nunha xornada de portas abertas previa inscrición. Será na mañá do vindeiro domingo día 18 de outubro. Nela os propios arqueólogos encargados do proxecto presentarán os resultados e as conclusións, ás que chegaron despois destes meses de investigación.

Detalle do cartaz de presentación da xornada de portas abertas

Trátase dunha gran campaña “despois de máis dun século de investigacións arqueolóxicas no campamento”. A escavación, que comezaba o pasado 2 de marzo, fíxose coa promoción do goberno autonómico, contando co co financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Os traballos consistiron na penetración de novas áreas e na limpeza e reexcavación de zonas xa intervidas desenvolvendo un rexistro de todas as estruturas conservadas, así como dun levantamento fotogramétrico das mesmas en 3D.

Presentación da xornada de portas abertas / foto celtitravel.com

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: