fbpx
Foto histórica da fonte na década de 1940, Vilagarcía Histórica, J.C.Porto

Vilagarcía restaurará a fonte da antiga praza do Campo e os Leóns de Ravella

Tempo de lectura: 2 min.

O Concello de Vilagarcía restaurará dous singulares bens patrimoniais, a fonte da praza de Rafael Pazos ou antiga praza do Campo e as esculturas dos dous leóns e das xerras de pedra de Ravella. Trátase de ben situados no espazo urbano da concello e que son obras escultóricas singulares do seu patrimonio urbano.

Por unha parte trátase da restauración e acabado da fonte da Praza de Rafael Pazos, en Vilaxoán. Nela , ademais de limpar a pedra e realizar as labores de restauración precisas, tamén se procederá a reparar a columna central da fonte, recolocando a peza ornamental desprendida da parte superior da mesma.

Detalle dos Leóns / foto Furado CCBy Wikimedia

Ademais, eliminarase o verdiño acumulado na zona interior do vaso e farase unha limpeza xeral da pía. No caso das esculturas dos leóns e as xerras de pedra de Ravella, a actuación que se quere realizar é máis sinxela posto que soamente consistiría na limpeza da pedra.

As obras foron encargadas á restauradora Iria López que nas vindeiras semanas redactará os proxectos de actuación para ambos. Unha vez redactados trasladaranse os proxectos á Dirección Xeral de Patrimonio para que aprobe as obras, trámite necesario por tratarse de bens de interese histórico e patrimonial do concello.

Casa do Concello de Vilagarcía / foto Furado CCBy Wikimedia

Pode que che interese...