Volven esnaquizar o reloxo floral do histórico xardín de Méndez Núñez da Coruña | Historia de Galicia
Reloxo floral de Méndez Núñez / foto Fernando Losada Rodríguez CCBy Wikimedia

Volven esnaquizar o reloxo floral do histórico xardín de Méndez Núñez da Coruña

Tempo de lectura: < 1 min.

O reloxo floral do histórico xardín de Méndez Núñez na Coruña volve ser esnaquizado polos vándalos. O reloxo, que é un dos elementos máis singulares destes xardíns históricos da cidade sufriu unha nova agresión vai dúas semanas, aparecendo cunha agulla desaparecida e a outra dobrada.

O reloxo xa fora vandalizado en numerosas ocasións, como no ano 2019, 2015 ou 2012, entre moitas outras. De feito no ano 2019 precisou dunha gran reparación desmontando as súas pezas e reparando o seu mecanismo. Pois debido a unha longa listaxe de actos vandálicos sufrirá importantes avarías o seu mecanismo deixaba de engranar e daba mal as horas.

Estado actual do reloxo / foto HdG

Agora, un ano despois da reparación o histórico reloxo volveu aparecer con desperfectos, e as agullas fóronlle retiradas, unha vez máis, para a súa recuperación. O reloxo atópase no chamado Cantón Grande, no espazo central do parque, e forma un singular conxunto xunto co calendario floral. Ambos daban a diario a data e a hora entre excepcional decoración floral.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: