fbpx
Serpes aparecidas nas laxes da mámoas da necrópole do Campo do Malato na parroquia de Goiás / Álex Negreira

Aparecen numerosas serpes nas laxes das mámoas da necrópole do Campo do Malato

Tempo de lectura: 2 min.

Cando no ano 2005 os arqueólogos estudaron as tres mámoas que forman a necrópole do Campo do Malato na parroquia de Goiás, en Lalín, un dos esteos que formaba o cámara do dolmen da coñecida coma Mámoa de Fonte Tourón, que fora arrasada uns anos antes, estaba deitada polo que só puideron estudar a cara que tiña a vista, que presentaba numerosos gravados ondulados que semellaban serpes, en media ducia de ringleiras dispostas verticalmente e outras liñas rectas na parte inferior.

Pero, como relata o investigador Daniel González Alén nun artigo en La Voz, hai agora cinco anos, traballos agrícolas na leira onde se acha o esteo, déronlle a volta quedando a vista a cara agochada. Nunha investigación posterior e coa axuda de Álex Negreira, quen fixo unhas fotos e tratou as imaxes da lousa, descubrironse grandes serpentiformes.

Trazos en forma de V e serpentiforme no marco-lousa de Fonte Tourón / Patrimonio Galego

Este monumento megalítico xunto con outros dous coñecidos coma Mámoa da Costa do Cruceiro e a da Costa de Casares, separadas entre si por pouco máis de 300 metros, foron estudadas polas arqueólogas Elena Cabrejas Domínguez, Patricia Mañana-Borrazás e Yolanda Seoane-Veiga, co gallo dos traballos previos ao paso dunha liña de media tensión, dando a coñecer os resultados en 2009, nos Cuardernos de Estudios Gallegos Padre Sarmiento do CSIC. Tamén no marco de Fonte Tourón, investigado polas mesmas arqueólogas aparecen os mesmos elementos serpentiformes, como recolle un artigo de Elixio Vieites en Patrimonio Galego. Máis información en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...