fbpx
Perpiaños do viaduto da parroquia de Xares, na Veiga / foto Serxio Peillet

Estragan a paisaxe tradicional entre a aldea e a igrexa de Xares, na Veiga, cun gran viaduto de formigón

Tempo de lectura: < 1 min.

Os perpiaños dun gran viaduto de formigón atravesando un val tradicional, entre a aldea de de Xares e a súa parroquial. Este é o novo atentado contra o patrimonio relixioso e e tamén contra a paisaxe tradicional que se está a desenvolver no concello da Veiga, na provincia de Ourense.

O obxectivo sería unir por estrada a aldea e a igrexa, que tería ata o de agora o seu único acceso peonil por unha pequena ponte de pedra sobre o regato. Trataríase de dar aceso rodado ó templo. Porén, para isto estase a desenvolver unha obra de enxeñería ó pé mesmo da igrexa, que non só modificaría a paisaxe tradicional senón o entorno do ben patrimonial.

A obra asinouse vai tres anos e dotouse cun investimento total de 400.000 euros dos que 140.000 foron achegados pola Deputación de Ourense, 200.000 pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil e os 60.000 restantes polo Concello da Veiga. No lugar existiría unha ponte tradicional sobre o río mais foi derrubada por unha riada. Lonxe de restaurar a ponte decisiuse construír un viaduto. Descoñécese se a intervención está autorizada pola Dirección Xeral de Patrimonio.

Pode que che interese...