fbpx
Pazo de Meirás / fonte Wikimedia loischantada CCBy

Os Franco aceptan devolver Meirás

Tempo de lectura: < 1 min.

A familia Franco comprométese a entregar provisionalmente o pazo de Meirás ó Estado ata que se resolva o seu recurso contra a sentencia que obriga á súa devolución. Así se fai constar nunha carta que os herdeiros do ditador enviaron ó Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña na que se afirma que a familia “non ten intención de opoñerse” á solicitude de execución provisional da sentencia.

A familia amosaría neste escrito a súa vontade de “cumprir voluntariamente coa obriga de entrega declarada na sentencia”, iso si, “co mencionado carácter provisional” e ata que “se resolva o seu recurso”. Fano despois de ter coñecido, “a través dos medios de comunicación”, a intención do Estado de solicitar a execución provisional da senteza do xuízo, tal e como anunciou o ministro de Xustiza, Juan Carlos Campo, a semana pasada.

E é que nesta comunicación coñecida polo xornal La Opinión de A Coruña os Franco acordan entregar o pazo á xestión pública de xeito provisional. Trataríase de que o Estado asuma a xestión do pazo no canto da Fundación Francisco Franco, que actualmente xestiona ás visitas ó BIC, pois “é unha reivindicación da cidadanía, das institucións e das administracións”, tal e como afirmara o ministro.

O anuncio produciuse tamén, despois de o Concello de Sada, a Deputación da Coruña e o goberno galego, solicitaran a execución provisional do fallo. Tamén da resposta ó feita pola Abogacía del Estado e do Concello de Sada ó recurso presentado polos Franco ante a sentencia. O litixio atópase agora na Audiencia Provincial da Coruña.

Pode que che interese...