fbpx
Afonso X, O Sabio nunha miniatura medieval do Libro dos Xogos / imaxe Four Gothic Kings, Elizabeth Hallam CCBy Wikimedia

Unha exposición conmemorará o 800 aniversario de Afonso X e a súa relación con Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

O pasado 23 de novembro cumpríanse 800 anos do nacemento de Afonso X, unha das figuras máis relevantes da cultura medieval europea. É por isto que a Universidade de Santiago de Compostela, o Consello da Cultura Galega, a Deputación de Ourense e a Consellería de Cultura prepararán unha exposición ó redor do ilustrado monarca.

Trátase da mostra Afonso X e Galicia, que explorará a faceta humana e intelectual, así como a unión de Afonso X a Galicia. A mostra estará comisariada por Antoni Rossell, e que poderá verse entre o 12 de xaneiro e o 24 de abril na Igrexa da Universidade en Santiago de Compostela e que itinerará despois ó Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense).

O obxectivo é poñer en valor todo o patrimonio galego vinculado coa monarquía afonsí, así como desenvolver un relato expositivo ó redor da complexa e poliédrica figura de Afonso X. Tamén sobre as Cantigas de Santa María, como testemuño visual e sonoro da Idade Media galega e europea, os instrumentos e á cultura galega da época.

Músicos nas cantigas de Afonso X / DPWikimedia

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...