fbpx
Pazo do Bispo / detalle do vídeo

Vídeo: así é a historia do Pazo do Bispo, o edificio civil máis importante da provincia de Ourense

Tempo de lectura: 2 min.

O 3 de xuño de 1931 un decreto declaraba Monumento Histórico-Artístico o Pazo do Bispo de Ourense. Non era sen razón, xa que era este un dos edificios con máis historia da cidade, así como o que podería considerarse, pola súa antiguidade e evolución, o edificio civil máis importante da provincia. Foi ademais un edificio que condicionou o urbanismo de Ourense durante da Idade Media xa que dividía en dous a cidade e constituía o centro do poder do señorío urbano.

Así o edificio conserva aínda un núcleo orixinal da época da súa fundación así como excepcionais construcións dende a Idade Media ata a actualidade. No seu día tivo seis grandes torres e unha estrutura pecega románica que aínda a día de hoxe se conserva parcialmente. No renacemento pasou de fortificación a palacio e no século XX converteuse en sede do museo máis importante da provincia.

Podes velo na plataforma vimeo a través de este link

Porén, hoxe o edificio non é visitable, xa que, tal e como contamos, atópase na actualidade, e dende vai preto de 20 anos pechado ó público por obras de remodelación que pretenden convertelo nunha verdadeira referencia entre os museos provinciais peninsulares. Durante as obras apareceron baixo o seu chan restos de época romana e antigas estruturas da construción orixinal. Foi adaptado a museo por Francisco de Pons-Sorolla i Arnau e na actualidade atópase en reformas baixo proxecto de Alejandro Virseda, Ignacio Vila, José Jaraíz y Arbau Arquitectos. O vídeo foi desenvolvido para o museo.

Imaxe do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense no Pazo do Bispo, recreación en 3D / frame do vídeo

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...