A onde van os 5 millóns que o Goberno destina a Galicia a cargo do 1,5% cultural? | Historia de Galicia
P=lan director de restauración e ocupación do antigo goberno militar na Coruña: Casa da Veeduría

A onde van os 5 millóns que o Goberno destina a Galicia a cargo do 1,5% cultural?

Tempo de lectura: < 1 min.

O Goberno prevé realizar cinco actuacións en Galicia a cargo do 1,5% cultural, cunha achega de 3 millóns de euros do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, nun investimento que alcanzará os 5 millóns coa participación doutras entidades e administracións.

A Comisión Mixta do 1,5% Cultural, presidida polo secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda, Pedro Saura, e composta por representantes de Mitma e do Ministerio de Cultura e Deporte, elevou este luns unha proposta ao ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para o financiamento de cinco novas actuacións en Galicia como consecuencia da convocatoria publicada en xaneiro de 2020.

Así, os proxectos aprobados en Galicia son: a restauración a Casa da Veeduría, antiga sede do Goberno militar, na Coruña (que leva 2,5 millóns, a metade do total); intervención nas cubertas pétreas e no sistema de evacuación de augas pluviais no castelo de San Felipe, en Ferrol (455.000 euros); restauración do pavillón historicista e o muro perimetral de San Martiño Pinario (1,15 millóns), en Santiago.

A lista segue coa segunda fase de actuacións no conxunto catedralicio de Tui (Pontevedra) para usos museísticos (585.000 euros) e coa rehabilitación do BIC do Castro, fase II, no Barco de Valdeorras (Ourense).

O programa do 1,5% Cultural é a principal ferramenta da Administración Xeral do Estado para responder o mandato constitucional polo que os Poderes Públicos deben garantir a conservación e promover o enriquecemento do patrimonio histórico, cultural e artístico dos pobos de España e dos bens que o integran.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: