fbpx
Aneis de Ribas de Sil / foto Galicia Confidencial

Así foi 2020: Aparecen 4 dos 9 aneis milagreiros de Ribas de Sil

Tempo de lectura: < 1 min.

Nove reliquias propias dunha obra de ciencia ficción. Así son os nove aneis de Ribas de Sil desaparecidos por séculos e dos que catro foron achados o pasado novembro nas obras de restauración dos retablos-relicarios laterais da igrexa do mosteiro, entre os restos dos nove bispos santos enterrados alí.

A lenda conta que, no ano 921, nove bispos, Osorio, Servando, Froalengo, Ansurio, Viliulfo, Vimarasio, Pelaio, Afonso e Pedro, chegaron ó mosteiro fuxindo dos musulmáns, portando nove aneis episcopais. As xentes do lugar comezaron a dicir que eran milagreiros. A lenda foi crecendo ata o punto de que as súas sepulturas serviron como lugar de culto e peregrinación durante a Idade Media.

 Pois ós aneis atribuíronselles feitos sobrenaturais. Se os cegos tocábanos recuperaban a vista, se os tolleitos tamén o facían volvían andar, e se alguén co demo no corpo situábase fronte a eles entraba en transo e regresaba á cordura devota. Contase que esta podería ser unha das razóns da construción do excepcional claustro dos bispos do mosteiro. Os nove aneis estiveron desaparecidos dende o século XVII.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: