fbpx
Desfeita na Via Nova tras o paso de maquinaria pesada / Xavier Perdiz

Así foi 2020: Estragan con maquinaria forestal un dos tramos mellor conservados da Via Nova

Tempo de lectura: < 1 min.

Outra das tristes novas deste 2020, en forma de desfeita patrimonial, veu dende o concello de Lobios. Alí unha gran maquinaria forestal produciu importantes etragos nun dos grandes monumentos romanos de Galicia, a Via Nova, a vía romana que ía de Braga a Astorga.

Tal e como denunciaba o activista patrimonial Francisco Xavier Perdiz maquinaria pesada da que se dedica á corta e retirada da madeira accedeu por unha pista que cruza a vía romana estragando boa parte do tramo orixinal do camiño romano. Trátase da milla final que acaba na Portela do Home, dentro dun conxunto que está protexido como BIC e un dos tramos mellor conservados desta vía en toda Galicia.

Nas imaxes pode observarse o significativo dos destrozos, o que deu lugar a unha avalancha de reaccións nas redes sociais. Técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio visitaron o lugar constatando que o tramo foi  “alterado polo paso de maquinaria pesada por cadeas”. Mais, segundo as súas conclusións preliminares, os danos serían “superficiais”. Afectando sobre todo ómanto de terra vexetal que cobre o trazado da Vía neste sector”.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...