fbpx
Carballo cortado na devesa de Chacín / remitida

Cortan carballos centenarios ao carón dunha igrexa e dunha das grandes fervenzas da Coruña

Tempo de lectura: < 1 min.
Un novo atentado ecolóxico nunha fermosa paisaxe galega. Desta volta, na devesa de Chacín, en Santa Baia de Chacín, en Mazaricos. Alí unha empresa eléctrica está cortando unha carballeira, entre eles exemplares centenarios, para instalar grandes postes de alta tensión.
Entidades ecoloxistas como Petón do Lobo e a Plataforma Quijote Outes denuncian en declaracións a Galicia Confidencial un novo desastre ecolóxico e destacan a importante desta fraga, con exemplares que forman un dos poucos bosques atlánticos que hai na provincia da Coruña. Podes ver o vídeo da desfeita no Galicia Confidencial.

Pode que che interese...