fbpx
Cabeza de Sabardes recreación virtual, colectivo a Rula

Desaparece a cabeza de Sabardes

Tempo de lectura: < 1 min.

A misteriosa cabeza de Sabardes en Outes desapareceu nos pasados días. Así avisou Anxo Núñez, concelleiro do BNG de Outes que deu a voz de alarma da desaparición ó Colectivo A Rula, que foi quen reparou na peza e se preocupou por ela. A peza que se atopaba na fachada dunha vivenda de Outes xunto a un muíño de man galaico-romano, desapareceu sen que o ninguén teña novas da súa localización. Deu conta da desaparición o xornal El Correo Gallego.

A cabeza de Sabardes, tal como puidemos contar noutro artigo, é unha peza de singular feitura e de orixe descoñecido, que un veciño, xa falecido, da parroquia atopou supostamente nunha leira. A peza fora colocada na fachada dunha vivenda e varios expertos a petición do Colectivo A Rula estaban a tratar de determinar a súa orixe e antigüidade. No proceso implicáranse varios investigadores e arqueólogos e mesmo chegou a facerse unha recreación en 3D.

Pode que che interese...