Os Franco devolven Meirás | Historia de Galicia
Pazo de Meirás / foto Edans CCBy Wikimedia

Os Franco devolven Meirás

Tempo de lectura: 2 min.

Os Franco devolven o pazo de Meirás. Fixérono esta mañá ás 12:30 horas cando foi asinado o documento de entrega e despois de que o equipo técnico de Patrimonio comprobara que todos os bens inventariados continuaban no seu lugar. Unha vez rematado este trámite, o xuíz entregou as chaves do pazo á Administración Xeral do Estado para que se faga cargo del Patrimonio Nacional.

O acto fíxose, porén, sen que ningún membro da Familia se persoara no lugar e sen que tan sequera apareceran en público, alén de algunha entrevista. Os Franco entregaron as chaves no día de onte no Xulgado de Primeira Instancia da Coruña, evitando, en palabras de Francisco Franco a Antena Tres, “participar no circo”.

Así, ás 12:30, con media hora de retraso, e na estancia preferida da do pazo de Emilia Pardo Bazán, a biblioteca da Torre da Quimeira, fíxose hoxe entrega do pazo. Foi en medio dunha gran cobertura mediática na que os xornalistas foron os primeiros en ter aceso o ben xa recuperado. Foi o sinal de que xa é, á agarda de que se resolva a apelación da familia do ditador, unha realidade: Meirás xa é de todos.

Entrada do Pazo de Meirás / foto Ird Ge CCBy Wikimedia

Dos Mariño de Bergondo a Franco

O día 5 de decembro de 1938, en plena Guerra Civil, o pazo ou quinta de Emilia Pardo Bazán, máis coñecida como pazo de Meirás, pasou a mans da Xefatura do Estado. Foi por doazón, a través dunha comisión que se fixo co monumento por 725.000 pesetas do momento, recadadas con achegas forzosas dos cidadáns dos concellos da contorna. Dende aquela os Franco converteron a quinta na súa residencia de verán.

A historia recente do pazo comeza en 1809 nunha torre medieval, vinculada dende o século XVI, coa liñaxe dos Mariño de Bergondo e os Pardo da Lama, devanceiros lonxanos da escritora Emilia Pardo Bazán. Durante a guerra contra o exército napoleónico os franceses acabarían queimarían a torre deixándoa arruinada. Así en 1893 a escritora xunto á súa nai deciden encargar a construción dun pazo sobre as ruínas da histórica torre.

Coa morte da condesa en 1921 a súa filla Blanca e a súa nora Manuela doan a propiedade á Compañía de Xesús da Coruña. Mais tarde, xa en plena Guerra Civil, crearíase unha comisión para agasallar ó ditador co pazo da escritora. As torres pasaron finalmente ás mans da Xefatura do Estado 5 de decembro de 1938 como doazón á nova e forzosa Xefatura do Estado. Durante 82 anos a familia do ditador mantívose no pazo.

Detalle do Pazo de Meirás / foto Loischantada CCBy Wikimedia

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: