fbpx
Tienda de Zara Home en la calle Dato de Vitoria / foto Zarateman CCBY Wikimedia

Sargadelos ficha como asesora á parella de Feijóo, Eva Cárdenas

Tempo de lectura: 2 min.

Sargadelos ficha a Eva Cárdenas, parella do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo como asesora externa. Así o confirmaron diversos medios estatais e galegos aínda que dende a propia marca non foi confirmado. A nova coñeceuse despois de que nos últimos días Cárdenas visitara a fábrica de cerámicas de Cervo.

Coñecida polo seu traballo á fronte de Zara Home entre 2003 e 2018, esta graduada en Económicas e mestrada en ADE, nada en 1965, foi tamén coñecida pola súa recente maternidade co presidente da Xunta. Cárdenas foi a segunda muller en dirixir unha cadea do grupo Inditex nun momento no que a marca chegou a ter preto de 600 tendas. Porén tras o final da súa traxectoria en Inditex, de final incerto, iniciou coa súa filla un negocio inmobiliario nomeado Niebla Azul.

Unha menina de Sargadelos / foto sargadelos.com

Indignación no ano do centenario do artista

“Eu xa non choro por Sargadelos. A empresa morreu o día que Isaac foi expulsado da súa casa no IGI en Xaneiro do 2010. O que veu despois, esperpento”. Con estas palabras referíase a fichaxe Martiño Noriega, exalcalde da capital galega, ó amargo momento que lle tocou vivir a Isaac Díaz Pardo cando a dirección da empresa apartou ó artista fundador da mesma.

Este anuncio coincide, ademais, con varios fitos moi salientables na marca de cerámica. Un deles a consecución de beneficios por parte da empresa nos últimos exercicios, despois de anos de perdas e ERE. Tamén a promesa de recuperación do Museo Carlos Maside, despois de máis dunha década de abandono.

Estatua de Isaac Díaz Pardo no paseo de Ferradura / foto Concello de Santiago

Máis este ano 2020 é tamén e sobre todo o ano do centenario do nacemento do artista. Como celebración multiplicáronse os actos e as exposicións por toda Galicia, inaugurándose unha escultura no propio Paseo de Ferradura de Santiago. Tamén na actualidade pode verse no Museo da Cidade da Cultura, a exposición As miradas de Isaac, comisariada por Xosé e Camilo Díaz Arias de Castro e organizada polo executivo de Núñez Feijóo.

Pode que che interese...