fbpx
Xosé Manuel Nuñez Seixas foto Editorial Galaxia

Unha obra sobre a utilización dos folclores por parte do fascismo na XX edición do premio Ramón Piñeiro

Tempo de lectura: 2 min.

O fenómeno da utilización do folclore e dos seus símbolos por parte do fascismo. Este é o tema da obra De imperios e danzas: poéticas da pluralidade territorial no fascismo español (1930-1975) do prestixioso historiador Xosé Manoel Núñez Seixas que resultou gañador da XX edición do Premio Ramón Piñeiro de ensaio 2020.

A obra do catedrático e tamén Premio Nacional de Ensaio facíase co galardón convocado conxuntamente pola Editorial Galaxia e o goberno galego, co apoio de Caixa Rural Galega. O xurado, concedeu o premio por maioría, destacando a calidade e variedade temática dos orixinais presentados, así como a capacidade analítica do traballo seleccionado.O galardón está dotado con 3.000 euros e coa publicación da obra pola devandita editorial.

Xosé Manoel Núñez Seixas foto Editorial Galaxia

Un estudio sobre o fascismo para o XX aniversario do galardón

De imperios e danzas: poéticas da pluralidade territorial no fascismo español (1930-1975)  é unha obra sobre o fenómeno da utilización do folclore e dos seus símbolos por parte do movemento fascista na España do pasado século. O xurado valorou o seu estilo diáfano e crítico que se basea nunha ampla e rigorosa documentación e que aplica un enfoque contrastivo entre as diferentes nacionalidades históricas.

Xosé Manoel Núñez Seixas, nado en Ourense en 1966, é doutor en Historia Contemporánea polo Instituto Universitario Europeo de Florencia e catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, vicepresidente do Consello da Cultura Galega e autor de numerosos artigos e  monografías sobre os diferentes nacionalismos presentes en España, sempre cunha análise comparada, así como nos estudos migratorios e na historia cultural da guerra. En 2019 foi Premio Nacional de Ensaio.

De imperios e danzas é o ensaio que neste 2020 faise co Premio Ramón Piñeiro de Ensaio neste ano en que o galardón chega ao seu vixésimo aniversario. Nado no ano 2001, o premio trata de homenaxear e lembrar a figura do filósofo e político galeguista que lle dá o nome. No fallo saliéntase ademais a actualidade do tema ó vincular os feitos históricos que trata co presente.

Pode que che interese...