fbpx
Campamento 3D / frame do vídeo

Así é o singular proxecto que recrea todo o campamento romano de Aquis Querquennis en 3D

Tempo de lectura: < 1 min.

Unha ambiciosa recreación virtual do campamento romano de Aquis Querquennis en Bande, Ourense, un dos máis excepcionais xacementos da provincia. Un xacemento que agora pode ser coñecido, tal e como foi no século I, a través da tecnoloxía 3D.

Trátase do proxecto Gerês-Xurês Dinámico, unha recreación con gran detalle e especial fidelidade histórica dos edificios deste antigo recinto romano. A través da tecnoloxía de modelos 3D recreáronse a vía romana, as portas de acceso, os barracóns, o hospital, os horrea ou o cuartel xeral.

 

Mais tamén a vida dos militares que nel habitaban e as relacións coa poboación local. Fíxose a través de vídeos que misturan as imaxes creadas en 3D coas historias interpretadas por actores reais. O proxecto complétase cunha páxina web e unha app con recursos educativos e unha autovisita guiada ó xacemento, que permite visualizar as recreacións in situ.

 

O proxecto Gerês-Xurês Dinámico foi desenvolvido pola Deputación de Ourense e financiado nun 75% polo Programa INTERREG V A España-Portugal (POCTEP) a través do Fondo FEDER. No proxecto participaron empresas como Mystic Design e Vsion Studio e conta co asesoramento da Universidade de Santiago de Compostela. O proxecto foi presentado o pasado mes de outubro.

 

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...