fbpx
Canteira de mármore de Louzará, no Incio / CSIC

Gallaecia e as grandes canteiras de mármore do Imperio romano

Tempo de lectura: < 1 min.

Malia o uso predominante do granito, en Galicia utilizáronse tamén en tempos do Imperio Romano mármores importados, pero tamén locais, con finalidades arquitectónicas e escultóricas. Así o constatan os investigadores que desde 2012 veñen desenvolvendo o proxecto ‘Marmora Galicia’ para estudar o uso desta rocha calcaria metamórfica en época romana e tardorromana no Noroeste peninsular.

Ata mediados de 2018, os científicos identificaran 168 pezas arqueolóxicas destas épocas e de moi diferente natureza, ás que se uniron, ao longo daquel ano, outras 17 pezas de época altomedieval procedentes na súa maioría da Catedral de Santiago de Compostela e do seu museo catedralicio. O volume deses achados sorprendeu aos investigadores: “Sen dúbida, en termos xerais, trátase dun número moi superior de pezas do que inicialmente supuxeramos”, afirman.

Ademais da identificación de pezas arqueolóxicas marmóreas no territorio galego, tamén se estudou un importante número de canteiras locais e documentáronse as características dos diversos tipos marmóreos identificados, que foron incorporados ao corpus de referencia de materiais hispanos. Toda a reportaxe en Galicia Confidencial.

Pode que che interese...