fbpx
Castro de San Cibrao de Las / foto Loedar CC0

Queres coñecer cal foi a relación da Xeración Nós coa arqueoloxía galega?

Tempo de lectura: < 1 min.

O Museo Arqueolóxico de Ourense, o castro de San Cibrao de Las, o traballo incansable de Cuevillas ou o estudo pioneiro do mundo dos nosos castros. Estes son algúns dos elementos que o mundo da arqueoloxía galega lle debe á Xeración Nós e que aparecen recollidos no libro Arqueoloxía do noroeste peninsular en tempos de Nós.

Trátase dunha publicación que incide na importancia da Xeración Nós e do Seminario de Estudos Galegos para o desenvolvemento dos estudos sobre arqueoloxía do primeiro terzo do século XX. Nel se estuda a importancia de figuras como Florentino López Cuevillas, ó que están dedicados catro capítulos completos. O libro está editado polo goberno galego, con motivo do centenario da revista Nós,

Estruturado en nove capítulos, o libro reflicte o movemento pioneiro da Xeración Nós non só na literatura, senón tamén no ámbito científico que orientaron cara á creación dunha conciencia real, cultural e histórica de país. O primeiro dos capítulos céntrase na Prehistoria de Galicia afondando no período que vai de o Paleolítico á Idade de Bronce.

Os catro seguintes capítulos analizan á figura de Cuevillas como pioneiro do coñecemento científico sobre a cultura dos castros, investigador da prehistoria, colaborador sobre o mundo romano e etnógrafo. A continuación o volume afonda na relación da Xeración Nós coa arqueoloxía do norte de Portugal e coa investigación arqueolóxica na Coruña, en Lugo e en Pontevedra.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...