fbpx
Detalle da portada de Os animais de Fraguas presentado o pasado día 28 no Museo do Pobo Galego

Queres coñecer cales eran as crenzas populares ó redor dos animais?

Tempo de lectura: 2 min.

As crenzas populares arredor dos animais. Este é o singular tema dun texto do historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista Antón Fraguas, que o Museo do Pobo Galego e a fundación que leva o seu nome acaban de publicar. Trátase dun texto inacabado e ata o de agora inédito que será publicado como libro ilustrado baixo o título Os animais de Fraguas.

O libro foi presentado o pasado día 28 polo presidente da Fundación Antón Fraguas e do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi, no mosteiro de San Domingos de Bonaval. No acto tamén participaron Miguelanxo Prado e Kiko da Silva, ó secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García artística e Fuco Sanjiao, coordinador editorial.

O libro Os animais de Fraguas recupera un texto inacabado e ata agora inédito de Antonio Fraguas sobre crenzas populares arredor de distintos animais, editado coa colaboración do filólogo Antón Santamaria e ilustrado por Miguelanxo Prado baixo a dirección artística de Kiko da Silva e a coordinación editorial de Fuco Sanjiao.

No libro, as linguaxes visual e textual dialogan para compartir lendas, consellos, coplas populares e crenzas arredor  de animais. As serpes, o lagarto, a sabandixa, o sapo, a toupeira, as arañas, o alacrán, a denociña, o lobo, o raposo, o can, a galiña, o galo, as pegas, o cuco, do paspalló, o pimpín, o chasco, as anduriñas, a lavandeira, a carriza, o crego marelo, o corvo, a rapiña, a curuxa ou os biosbardos son os protagonistas desta singular obra.

Portada do libro Os animais de Fraguas presentado o pasado día 28 no Museo do Pobo Galego

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...