fbpx
Aberenguela iluminada de novo / foto Concello de Santiago

Santiago inicia un dobre Ano Santo que se prolongará no 2022

Tempo de lectura: 2 min.

Ás cinco da tarde do pasado 31 de decembro quedaba aberta a Porta Santa da Catedral. Iniciábase así o primeiro Ano Santo da década que comeza e tamén o primeiro nos últimos 11 anos. Un Ano Santo con dúas singularidades, ser un dos máis agardados polas administracións, cunha catedral en restauración, e unha nova recentemente coñecida: será un dobre Ano Santo que se prolongará en 2022.

Como e habitual a apertura fíxose nunha cerimonia solemne na que estiveron presentes o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo e a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, entre outras autoridades. Ó remate da cerimonia, Bernardito Cleopas Auza, Nuncio Apostólico en España, anunciou que o Ano Santo 2021 prolongarase durante todo o 2022 por mor da pandemia de Covid-19.

Apertura da Porta Santa / foto anosantoompostelano.org

Acto solemne, con alfombra floral e actuación de Carlos Núñez

Os actos comezaron sobre as catro da tarde, coa chegada das autoridades políticas. A eles incorporouse á procesión litúrxica que saíu pola praza de Praterías cara a Quintana, onde lucía unha alfombra floral con motivos xacobeos, realizada pola Federación Galega de Alfombristas. Despois da intervención do arcebispo Julián Barrio, Bernardito Cleopas Auza leu a mensaxe do Papa Francisco coa nova.

Unha vez aberta a Porta Santa, a procesión percorreu o interior da Catedral, cara o altar maior, onde deu comezo a misa estacional, que finalizou co botafumeiro. Estreáronse obras do compositor galego Juan Durán e unha vez rematada a misa, o músico Carlos Núñez interpretou unha Salve acompañado polo órgano da catedral.

Cabeceira da catedral restaurada / foto catedraldesantiago.es

Un dobre Ano Santo

O Ano Santo ou Ano Xubilar Compostelán é un tempo no que a Igrexa concede singulares grazas espirituais ós fieis. Sucede cando o día 25 de xullo, celebración do Apóstolo, coincide en domingo. A tradición ten a súa orixe en 1122, coa concesión do Ano Santo polo papa Calixto II, confirmado despois na bula “Regis aeterni” de 1179 polo Papa Alejandro III.

Foi no mes de abril cando, ante a excepcional situación da Covid-19, considerou por primeira vez solicitar a prórroga a Roma do Ano Santo 2021. Non é un feito novo xa que existen na historia algúns precedentes deste feito. O último deles foi nos anos 1937 e 1938, cando o papa Pío XI concedeu a prórroga do Ano Santo a petición do arcebispo Tomás Muniz de Pablos por mor da Guerra Civil.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: