Unha mina ameaza un foxo de lobos e unha mámoa nun fermoso espazo natural de Mondariz | Historia de Galicia
Mourelle, no Coto de Eira, en Mondariz, espazo ameazado por unha canteira / wikiloc

Unha mina ameaza un foxo de lobos e unha mámoa nun fermoso espazo natural de Mondariz

Tempo de lectura: < 1 min.

Unha mina ameaza unha das contornas naturais máis fermosas de Mondariz, o coto de Eira, un espazo con monte e especies autóctonas que corren serio risco. A explotación de granito ameaza elementos patrimoniais e naturais de gran valor nunha zona proposta na ampliación da Rede Natura 2000.

A veciñanza de Sabaxáns, en Mondariz, recorreu a resolución de aprobación da Xunta de Galicia para tentar paralizar o proxecto “Corvos” que afecta ao seu monte veciñal. A cuadrícula mineira linda co foxo do lobo das Estacas e invade a zona de protección dunha mámoa. Máis información no Xornal de Vigo.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: