fbpx
Castelo de Soutomaior / foto castelodesoutomaior.com

A recuperación do seu muíño de auga, un paso máis para converter Soutomaior en referente dos castelos galegos

Tempo de lectura: 2 min.

Nova rutas, a declaración do seu xardín como Xardín Histórico Observer ou a renovación do seu discurso expositivo interior empregando a última tecnoloxía. O Castelo de Soutomaior estase a converter no verdadeiro referente dos castelos galegos e nunha verdadeira aposta por ser un dos grandes focos de atracción turística da.

Muíño de Soutomaior / foto Deputación de Pontevedra

Tamén no principal sinal de identidade da Deputación de Pontevedra. É por isto que a institución continúa a dar pasos para afianzar o conxunto e investir na recuperación dos seus diferentes elementos. Así, neste caso, vén de aprobar a posta en marcha dun novo contrato para a recuperación do muíño de auga do Castelo, datado na década dos oitenta do século pasado, para acondicionalo e conseguir volver a poñelo en funcionamento.

As obras contemplan a reparación, elaboración ou substitución de pezas, así como os tratamentos necesarios para o seu funcionamento. Vaise reparar o rodicio, repoñendo tres aspas novas e colocando un eixo de forxa. Amais recuperarase a viga de apoio do rodicio que regula a altura e realizarase unha nova vara de regulación da moa en forxa ou  aceiro inoxidable.

Repoñeranse tamén pezas necesarias do tarabelo en madeira nova con tratamento antixilófago e de cera de abella natural. Finalmente realizaranse actuacións para separar o caudal do muíño.O muíño está situado ó pé da pista de terra que dá servizo á capela e que conduce, despois, ata a Cadeira da Marquesa. Estaba destinado ó aproveitamento hidráulico da propiedade.

Coa reparación que vai acometer estes meses a Deputación de Pontevedra prevé solucionar os problemas orixinados polo paso do tempo e recuperar este elemento poñéndoo en funcionamento. Trátase de recuperar un elemento máis, neste caso propio da arquitectura popular galega, no corazón dun complexo que aspira á maior excelencia.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: