fbpx
Xacemento do Adro Vello / foto Turismo das Rías Baixas

O abandono por parte da Xunta do xacemento do Adro Vello remata con ósos humanos espallados pola praia

Tempo de lectura: 2 min.

Os últimos temporais volveron a destapar e espallar, tal e como recolleu o xornal Faro de Vigo, ósos humanos pola praia do Carreiro, no Grove. Trátase do lugar no que se atopa a necrópole romana o Adro Vello, un xacemento que, tal e como recollemos en varias ocasións, atópase parcialmente escavado e abandonado pola Xunta dende fai preto de 30 anos.

Foi o alcalde, José Cacabelos, quen no día de onte alertou dos feitos que se terían producido polo retroceso da duna que ata o de agora tapa o xacemento. O rexedor alerta, unha vez máis de que “non hai ningún control nin protección algunha para evitar os danos que causa a erosión no lugar”. Un episodio en avance que pon en serio risco o xacemento.

Aspecto da igrexa medieval e dos sepulcros de Adro Vello / arqueolugares.blogspot.com

De feito, tal e como recollemos o pasado día 12, Deputación, Concello e Demarcación de Costas decidiron crear unha fronte común para solucionar o problema do abandono do Adro Vello. Así quere crearse un calendario de intervencións e déuselle ó executivo galego un prazo dunha semana para sumarse ó acordo. A Xunta non respondeu.

Praia do Carreiro no Grove / foto Turismo de Galicia

 

Pode que che interese...