fbpx
Mergullo na campaña do galeón San Francisco, na ría de Ribadeo / foto Miguel San Claudio Xornal da Mariña FORSEADISCOVERY

O primeiro parque de turismo subacuático do norte de España estará na ría de Ribadeo

Tempo de lectura: 2 min.

Converter o patrimonio cultural da enseada de Arnao, en Castropol, na ría de Ribadeo, nun parque subacuático, o primeiro do norte de España. Este é o proxecto que a Federación Española de Actividades Subacuáticas e a Federación de Actividades Subacuáticas do Principado de Asturias están a desenvolver para amosar ó público unha pequena parte da riqueza submarina da zona.

O proxecto, abalado por Antón López e outros arqueólogos, amosaría mediante mergullo un grupo de canóns conservados na zona e que terían pertencido a un barco afundido. Non serían, porén, do histórico San Francisco, do que xa falamos. Trataríase de varias pezas de artillería do primeiro terzo do século XVIII, da época de Felipe V, algunha delas de máis de 3.000 kg.

Ribadeo dende o forte de San Damián / SartauskiCC0

O obxectivo é amosar unha superficie duns 400 metros na Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón. Faríase a moi pouca profundidade, tan só 6 metros, e con boa visibilidade o que é ideal para afeccionados e turistas. Contaría cunha viaxe en barco, explicación do patrimonio cultural e natural e mergullo. Un novo atractivo turístico combinado coa protección patrimonial. Recolle a nova o xornal asturiano El Comercio.

Turismo suacuático / foto CSITDMS CC0

Pode que che interese...