fbpx
Centro de Braga / foto pedroquintaoo CC0

Queres visitar o mellor destino europeo de 2021? Pois está moi preto

Tempo de lectura: 2 min.

A menos de hora e media de Vigo e a pouco máis de dúas da capital de Galicia atópase o mellor destino europeo de 2021. Trátase da cidade de Braga, no Norte de Portugal, que os lectores da prestixiosa revista European Best Destinations escolleron mellor lugar ó que viaxar dentro de Europa, na duodécima edición do certame.

A cidade foi escollida nunha votación entre os seus lectores acadando un total de 109.902 votos, dos 612.609 dende 192 países que tivo o concurso. Foron exactamente 31.778 votos máis que o segundo destino máis votado, que foi a cidade de Roma. Braga tivo un 71,2% do voto procedente de fóra das fronteiras do propio Portugal, maioritariamente de españois americanos, ingleses, franceses e brasileiros.

A cidade portuguesa competía con lugares como París, Roma, Florencia, Capadocia, Calpe, Canarias, Capri, Cornualles, Dordogne Valley, Gante, Cefalonia, Kotor, Lofoten, Sibiu, Valley, Tubinga ou Viena. Competía mesmo con dous destinos da rede EDEN, creada pola Comisión Europea para promover un turismo sostible, como son Cavtat en Croacia ou Soca en Eslovenia.

Trátase dun galardón que non é nin moito menos anecdótico. Pois a aparición no primeiro lugar da revista soe traducirse un aumento real das visitas que pode chegar a superar o 15%. A votación tivo lugar entre o 20 de xaneiro e o 10 de febreiro a través de Internet. Todo un premio ó bo facer dos nosos irmáns portugueses, que será unha aposta máis que segura para visitar cando a Covid o permita.

Braga / foto lucianacastelli CC0


Para saber máis: pode consultarse a web da European Best Destinations, para ver o concurso e coñecer todos os destinos. Para coñecer máis sobre Braga pode consultarse a web de Turismo de Portugal, ou a da Cámara de Braga.


Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: